Actor
Nome completo: Evaristo Calvo Valcárcel
A Coruña 1961
Web propia
Director e autor teatral e actor de prolífica carreira. Comezou a súa actividade interpretativa a mediados dos 70 no teatro afeccionado coruñés, participando posteriormente en numerosos grupos. O dúo Mofa e Befa con Victor L. Mosqueira foi o que lle deu maior fama. No cine e TV de Galicia participa desde finais dos 80 en numerosos proxectos. A fins dos 90 colabora na serie de ficción “Manos a la obra” para Antena 3 Televisión. En cine realizou papeis variados tanto en curtas como en longametraxes.
Premios e recoñecementos: Premio AGAPI ’96 ao mellor actor co tándem “Mofa e Befa” (con Víctor Mosqueira) por "A gran liquidación". Este premio foi concedido ex aequo con R. Sánchez “Luna”.
Formación específica: Estudos na escola de Expresión Rítmica e Dramática Danthea. Ten asistido a seminarios e cursos de interpretación e arte dramático tanto en Galicia como no resto do Estado.
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:
FILMOGRAFÍA
- Fútbol de alterne (2010)
- O Nordés (2009)
- A viaxe (2009)
- Air Galicia (2007)
- Efectos secundarios (2007)
- Mia Sarah (2006)
- Hai que botalos (2005)
- A biblioteca da iguana (2005)
- A miña sogra e mais eu (2004)
- Máxima audiencia (2004)
- A Promesa (2003)
- Bobo Furcia (2002)
- Mañá será outro día (2002)
- ¿A ti como se che di adeus? (1999)
- Apaga a luz (1999)
- Mareas vivas (1998)
- Dame algo (1997)
- O cambio (2) (1997)
- O tesouro (2) (1997)
- Pratos combinados (1995)
- Mofa e Befa en Gran Liquidación (1995)
- As xoias da Señora Bianconero (1994)
- A metade da vida (1994)
- Xabarín Club (1994)
- Dame lume (1993)
- Ceiño lindo (1992)
- Pesquisas: O caso das galiñas aforcadas (1991)
- Manos a la obra (1989)
Videos | Ver 9 videos de Evaristo Calvo
-

Promoción de O Nordés -

Fragmento de Mañá será outro día -

A miña sogra e mais eu -

Mareas vivas -

Fragmento de As Xoias da Señora Bianconero -

A Biblioteca da iguana -

Bechos Raros -

Efectos Secundarios -

Trailer. A Promesa
Galería de imaxes | ver As 6 fotos de Evaristo Calvo
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Evaristo Calvo (4)
Data: 21 / 10 / 2009
Clásicos inmor(t)ais
Data: 17 / 2 / 2005
A Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena entregará o 27 de marzo na Coruña os premios María Casares
Data: 10 / 8 / 2004
Jorge Coira e Héctor Carre estrean as súas longametraxes
Data: 18 / 2 / 2004
Suso de Toro, Dorotea Bárcena e Evaristo Calvo optan a ser o mellor autor teatral galego nos premios Max
