
Actriz
Nome completo: Sonia Méndez Alonso
Vigo (Pontevedra) 1980
Actriz de cine e televisión, leva tamén facendo teatro ininterrompidamente desde 1999. No audiovisual comeza en 2002 na cidade de Barcelona, actuando para numerosas curtametraxes. Axiña lle viría a oportunidade de pasar a formatos máis longos nun telefilme e mais na longametraxe “Por mí y por todos mis compañeros” (J.Diz, 2005). Desde daquela ten vido actuando para coñecidas longas e teleseries galegas. Ademais, ten experiencia en produción, guión e dirección.
Formación específica: Taller “La Construcción Dramática” (Escuela Internacional de Cine y TV, Cuba 2007). Realización de Espectáculos e Audiovisuais (EIS, A Coruña 2006-07). III Curso de Interpretación, Espacio Aberto (Carlos Neira 2005). Postgrao en Interpretación e Arte Dramática (Universidad de Santiago de Compostela, USC 2004-05). Master e III Curso en Interpretación (Centre de Estudis Cinematográfics de Catalunya, CECC Barcelona 2001-03). Curso de Guión (Eugenia Klever, CECC Barcelona 2001-02). Curso de Dirección de Actores (Gustavo Fontán, CECC Barcelona 2002). Formación Actoral Regular (Carlos Neira, Espacio Aberto Compostela 1999-01). Curso Regular de Técnica Vocal (Cristina Domínguez, Espacio Aberto Compostela 2000-01). Preparación Física para el Actor (Carlos Neira, Espacio Aberto Compostela 1999-01). Curso de Clown: O navegante das Emocións (Jesús Jara 2004). Curso de Técnica Alexander (Donald Kirkley 2001). Curso de Esgrima Teatral (Carlos Vizcaíno 2001). Curso de Danza Contemporánea: Territorios Subliminares (Olga Mesa 2000). Curso de Danza Contemporánea: Cuerpo y Objeto (Blanca Calvo e Ion Munduate 2000). Curso de Performance e Teatro Contemporáneo: Autorretrato (Carlos Neira 2000). Aula de Formación de Actores (Celso Bugallo 1994-96).
FILMOGRAFÍA
- Porca miseria (2014)
- Conversa cunha muller morta (2011)
- Angélica e Roberta (2011)
- Anos despois (2010)
- Leo e Mario (déixanse) (2010)
- As damas negras (2010)
- Efectos colaterais (2010)
- Rafael (2008)
- Os Atlánticos (2008)
- Perversa Lola (2007)
- Unha muller invisible (2007)
- Ami (2006)
- Pataghorobí (2005)
- Metamorfose (2004)
- A rosa de Alexandría (2003)
- Terra de Miranda (2001)
- Rías Baixas (1999)
Videos | Ver 4 videos de Sonia Méndez
-
Anuncio de Angélica e Roberta -
Títulos de crédito de Por min e por todos os meus compañeiros -
Cabeceira de Os Atlánticos -
Anuncio de Os Atlánticos
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Sonia Méndez (22)
Data: 24 / 9 / 2021
Premio ' Mulleres no Foco' para Margarita Ledo, Noemí Chantada e Sonia Méndez
Data: 7 / 6 / 2021
Álvaro Pérez Becerra é elixido presidente da Academia Galega do Audiovisual
Data: 16 / 11 / 2020
O Carballo Interplay xa non sae da rede este 2020
Data: 18 / 9 / 2020
Series, fútbol e poliamor: tres conceptos para discutir sobre a liberdade
Data: 7 / 11 / 2019
O Curtas Armadiña de Poio céntrase no audiovisual galego