Belén Constenla / Actriz

Belén Constenla

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Belén Constenla
Belén Constenla
Actriz
Nome completo: Belén Martínez Constenla
Madrid 1961   



Actriz desde 1986, na súa longa experiencia ten interpretado para teatro e para moitas producións televisivas de ámbito autonómico e estatal, abranguendo diversos formatos entre os que se contan magacines, series de ficción e programas concurso. Conta no seu haber con papeis cinematográficos, tanto en curtametraxes como longametraxes. Destaca o seu papel protagonista encarnando a Carmiña Ferreira na serie “Rías Baixas” e traballa tamén no eido publicitario.

Premios e recoñecementos: Premio á mellor actriz secundaria nos premios María Casares 1998, pola obra de Suso de Toro “Unha rosa é unha rosa”, dirixida por Eduardo Alonso en Teatro do Noroeste. Premio á mellor actriz secundaria nos premios María Casares 2000 por “Criaturas” de Roberto Vidal Bolaño. Premio á mellor actriz no I Festival de Curtas Galegas de Sada (2008) por “A Rosa dos ventos”. Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor interpretación feminina de reparto por “Os mortos van ás présas”.


Formación específica: Curso de Maquillaxe para Teatro e Cine, impartido polo maquillador de cine americano Rubén Darío (Escola de imaxe e Son, 1988). Curso impartido por Enrique Urbizu sobre interpretación no cine (Escola de Arte Antxieta, Bilbao 1999). Curso de interpretación ante a cámara impartido por Gloria Paduna e Ángel Almazan de “El Submarino” (Madrid 2003).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 6 videos de Belén Constenla

Galería de imaxes | ver As 8 fotos de Belén Constenla

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Belén Constenla (7)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org