Carlos Alberto Alonso / Dirección

Carlos Alberto Alonso

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Carlos Alberto Alonso
Carlos Alberto Alonso
Dirección
Nome completo: Carlos Alberto Alonso Iglesias
Ferrol 1970   
Web propia



Como director ten no seu haber varias producións en diferentes formatos entre as que destaca "As muxicas", "The End" ou o videoclip "Superheroe: Blood Filloas". Ten traballado como locutor en Radio Fene, como artiguista para diversos fanzines como 18 rodas e Sintonisón, ten sido membro do grupo de rock Malpaso e realizador de televisión na TV Local de Narón.

Premios e recoñecementos: Premio EIS Carballeira 1995 á mellor realización polo documental "Perla". A súa curtametraxe "As Muxicas" foi finalista do IV Concurso Iberoamericano de Curtametraxes "Versión Española/SGAE" de TVE e nominada aos Premios do audiovisual galego Mestre Mateo 2002. Ademais de recibir numerosos premios noutros certames, ten sido selecccionada en máis de sesenta festivais internacionais.


Formación específica: Especializouse en realización-producción na EIS da Coruña (1994-95). Cursou estudios de dirección e guión cinematográfico no Centro de Estudios Cinematográficos de Cataluña (CECC), (Barcelona 1998-2002). Foi bolseiro da Deputación da Coruña para perfeccionamiento de estudios artísticos. A súa ampla formación compleméntase con estudios moi diversos: script, dirección de actores, sistemas de comunicación e producción de vídeo.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Carlos Alberto Alonso

Galería de imaxes | ver As 4 fotos de Carlos Alberto Alonso

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Carlos Alberto Alonso (13)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org