Dirección
Nome completo: Margarita Ledo Andión
Castro de Rei (Lugo) 1951
Directora cinematográfica, escritora e profesora catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado numerosos traballos de investigación sobre o sector audiovisual, nos que entre outros eixos destacan as culturas minorizadas e o formato documental. Dirixe o Observatorio do Audiovisual Galego (ODA), preside a Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (LUSOCOM) e a Asociación Galega de Investigación en Comunicación (AGACOM), tamén pertence a comisións executivas e consellos editoriais de diversas entidades e publicacións.
Formación específica: Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universitat Autònoma de Barcelona, foi investigadora asociada no Département d’Etudes Cinematographiques et Audiovisuelles, Université Paris 8; Department of Theatre, Film and Tv Studies, University of Wales-Aberystwyth: Département de Sciences de l’Information et de la Communication, Université de Haute Bretagne, e no Dublin Institute of Technology. Premio Nacional de Cinema e Audiovisual (Xunta de Galicia, 2008).
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:
FILMOGRAFÍA
- Liste, pronunciado Líster (2007)
- Historia do A Nosa Terra (2007)
- Hai que botalos (2005)
- CCCV (Cine Clube Carlos Varela) (2005)
- Manuel María: Fala e terra desta miña terra (2005)
- Santa Liberdade (2004)
Videos | Ver 1 videos de Margarita Ledo
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Margarita Ledo (31)
Data: 15 / 9 / 2009
Quiosco: Protexta
Data: 9 / 2 / 2009
Margarita Ledo leva o cine ao seo da Real Academia Galega
Data: 10 / 11 / 2008
Formatos para a cultura
Data: 29 / 10 / 2008
A Coruña celebrará do Día Contra a Violencia de Xénero cun festival
Data: 26 / 5 / 2008
Manuel Gallego, Francisco Leiro, Margarita Ledo e o Museo do Pobo Galego son os primeiros galardoados
