José Ángel Egido / Actor

José Ángel Egido

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 José Ángel Egido
José Ángel Egido
Actor
Nome completo: José Ángel Egido Pérez
Redondela (Pontevedra) 1952   
Web propia



Dúas ducias de producións televisivas e aínda máis títulos cinematográficos conforman unha das traxectorias actorais galegas máis prolíficas a nivel estatal. Aínda que tamén ten experiencia teatral e, puntualmente, no eido das curtas, son as longametraxes, os telefilmes e as teleseries as que o teñen convertido nun dos rostros máis coñecidos da interpretación española. Comezou no cine nos primeiros oitenta en Italia, país no que viviu e co que non perdeu o contacto profesional. En España o cinema deulle a benvida a primeiros dos noventa con Rosa Rosae. Traballou ás ordes de directores como Amenábar, Querejeta, Bardem ou León de Aranoa e desde 2002 a súa presenza en longas ten sido ininterrompida ano a ano. Con todo, xa desde 1987 levaba na TV, tendo debutado con Lorca, muerte de un poeta. Despois tivo presenza continuada en teleseries como Médico de familia, nos noventa, e Águila Roja, na década seguinte.

Premios e recoñecementos: Premio na XVIII edición da Unión de Actores ao mellor actor de reparto por Los Girasoles Ciegos. Candidato ao premio Goya como actor de reparto polo mesmo filme. Pino de Oro do Festival de Cine Argentino-Europeo 2009 en Pinamar (Argentina). Candidato na categoría de actor secundario en dúas ocasións polo Círculo de Escritores Cinematográficos, por Os luns ó sol e por Horas de luz. En 2003 recibiu o premio Goya por Os luns ó sol, na categoría de mellor actor revelación.


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 3 videos de José Ángel Egido

Galería de imaxes | ver As 4 fotos de José Ángel Egido

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org