Afranio |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Afranio
Documental ficcionado inspirado no libro autobiográfico de Antón Alonso Ríos, un entusiasta e emprendedor mestre con inquedanzas sociais e agraristas, xerente de sociedades científicas e promotor cultural. En 1931, coa proclamación da República, voltou con toda a súa familia da Arxentina a Galicia e participou activamente no anteproxecto do Estatuto. Electo deputado por Pontevedra en 1936 co Frente Popular, diante do golpe antirrepublicano defendeu Tui e despois para salvar a vida tívose que facer pasar por un esmoleiro co alcume de Siñor Afranio.

Palmarés: Título seleccionado para o catálogo DocsGalicia 09 do Consorcio Audiovisual de Galicia. Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor documental.
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / Víctor Coyote
Dirección fotografía: / Juan Morgade
Entrevistado: / Xosé Neira Vilas
Intérpretes: / Nuria Gullón / Muriel Sánchez / Luís Tosar
Maquillaxe: / Raquel Fidalgo
Perruquería: / Raquel Fidalgo
Produción: / Diego Méndez / Micaela Sinde

 

Ficha técnica
Distribuidora / Consorcio Audiovisual de Galicia
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Produtora / Alén Filmes, S.L. / Televisión de Galicia (TVG)
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia) / Consorcio Audiovisual de Galicia

Titulo orixinal: Afranio
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 61'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego, portugués
Subtitulada: Castelán, inglés, galego
Importe subvencións: 35.735 €

vIDEOS | VER todos os videos de Afranio  (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org