Doentes |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Doentes
Na década dos 1950 o Hostal dos Reis Católicos -daquela Hospital Real- botou á rúa os doentes, peregrinos e pobres para converterse nun hotel de luxo. Un vello cura castrense presunto ferido de guerra, acompañado dun tísico, queda así á intemperie na miserable noite compostelá, e tenta tirar de todos os fíos que lle quedan para recuperar un acubillo. Historia baseada na obra dramática orixinal de Roberto Vidal Bolaño. Estrea 20/5/11.

Palmarés: Foi unha das grandes vencedoras dos Premio Mestre Mateo 2011 (entregados en 2012), gañando varios dos galardóns principais, incluíndo mellor longametraxe de ficción e mellor interpretación masculina protagonista
Antonio Durán, Morris.
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / Gustavo Balza
Dirección artística: / Alexandra Fernández
Dirección de produción: / Enrique Batet
Dirección fotografía: / Suso Bello
Guionista: / Gustavo Balza / Roberto G. Méndez
Intérpretes: / Rosa Álvarez / Xosé Bonome / Evaristo Calvo / Ernesto Chao / Laura Ponte / María Vázquez / Roberto “Luna” Sánchez / Antonio Durán “Morris” / Xosé Manuel Olveira “Pico”
Montaxe: / Sandra Sánchez
Música: / Bieito Romero
Produción Executiva: / Antón Reixa / Francisco G. Santos

 

Ficha técnica
Produtora / Filmanova Invest / Zircocine, S.L.
Subvención ou axuda pública / Agadic / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

Titulo orixinal: Doentes
Tipo: Longametraxe
Xénero: Dramedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 95'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego (5 copias en galego en salas comerciais: Filmax na Coruña, Multicines Centro en Lugo, Cines Compostela en Santiago, cines Praza Elíptica en Vigo, Multicines Gran Arousa en Vilagarcía)
Importe subvencións: 300.000 €
Capital Galego: 100 %

vIDEOS | VER todos os videos de Doentes  (1)

Documentos

  1. baixa aqui Doentes

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org