Xabarín Club |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Xabarín Club
Espazo que engloba a programación infantil-xuvenil na TVG. Na segunda metade dos 90 converteuse nun fenómeno social con máis de cen mil socios (unha cuarta parte dos nenos de Galicia) e 800 afiliados na provincia de León. O programa emitiu ducias de series de debuxos animados, espazos de produción propia (como a serie "Os Vixilantes do Camiño") e música orixinal. Editáronse cinco CDs titulados "A cantar con Xabarín" dos que se realizaron numerosos videoclips. Tamén contaron con gran resposta do público as Xabaxiras, concertos da música do programa que xuntaron miles de nenos e nenas.

Palmarés: Premio Galicia de Comunicación 1994. AGAPI ó mellor programa de TV, 1996. Premio Ourense á mellor iniciativa a prol da BD galega, 1997. Premio TV Joven (París, 1998). Avalado polo Centre de Recherche Scientifique e o Conseil Internationale du Cinema et de la TV da UNESCO.
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

vIDEOS | VER todos os videos de Xabarín Club  (8)

Documentos

  1. baixa aqui Oinkplugged, o concerto e disco do 15 aniversario do Xabarín Club

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org