"Pablo no labirinto". A partir da obra pictórica de Pablo Picasso, e do mito do labirinto do minotauro, desenvólvese unha narración chea de metáforas e imaxes oníricas, na que o pintor é perseguido por personaxes do pasado. As obras toman vida e reclaman protagonismo, crendo estar por enriba do creador. Cando Picasso se ve acurralado, terá que acometer unha curiosa transformación para recobrar a libertade. Esta primeira curtametraxe en formato cinematográfico de 35 mm do director J.P. Etcheverry rodouse con animación intervalométrica (stop motion) sobre personaxes de plastilina.Palmarés: Ten participado en corenta festivais en só tres meses de distribución, nos que recibiu unha ducia de premios nacionais e internacionais. Entre eles, o galardón á mellor animación e o premio especial do xurado no Curtocircuíto (Santiago de Compostela 2004). Distinción á mellor curtametraxe no Festival de Cádiz (2004). Gran premio no festival de cine de animación de Matita (Chieti, Italia 2004). Primeiro premio Golden Oossik no Anchorage Film Festival (Alaska, Estados Unidos 2004). Premiada no Festival de Benicàssim. Única película española de animación seleccionada nos festivais de Hiroshima (Xapón), Palm Springs (Estados Unidos), Matita Film Festival (Italia) e Golden Horse de Taipei (Taiwan). Gañou o premio do público no Festival de Animación de Bradford (Inglaterra), o máis acreditado dos festivais de animación do Reino Unido. Participou en 2004 nos festivais FIKE (Évora, Portugal), Las Nuits Magiques (Burdeos, Francia), e Il Castelli Animati (Roma, Italia). Seleccionada para o programa Curtas 04 do Consorcio Audiovisual de Galicia. Candidata aos premios Goya do cine español na categoría de mellor curta de animación (2005). Premio do público á mellor curta de animación e premio do xurado á mellor curta de animación (II Festival de Cans, 2005). Premio á mellor animación no Independent Film Festival (Washington, Estados Unidos 2005). Segundo premio no MFA Planet Europe Short Film Festival (Palma de Mallorca, 2005). Premio Mestre Mateo 04 á mellor curtametraxe de animación (Galicia 2005). Primeira película galega candidata aos Premios do Cine Europeo (2005).
| COMPARTIR Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código: |
Ficha artística
Animación:
/
Pablo Pellicer
/
Sam Pellicer
Dirección:
/
Juan Pablo Etcheverry
Guionista:
/
Juan Pablo Etcheverry
Produción:
/
Ignacio Benedeti
Produción Executiva:
/
Xosé Zapata
Xefatura de produción:
/
Alicia Veira
Xefatura de son:
/
Enrique Otero
/
Daniel Patiño Rey
Ficha técnica
Distribuidora
/
Biblos Clube de Lectores
/
Consorcio Audiovisual de Galicia
/
Ignacio Benedeti Cinema S.L.
/
La Voz de Galicia
Préstamo
/
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora
/
Ignacio Benedeti Cinema S.L.
Titulo orixinal: Minotauromaquia, Pablo en el Laberinto
Tipo: Animación
Xénero: Comedia
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 10'
Orixe: España
Ano: 2004
Idioma V.O.: Castelán
Orzamento: 50.000 €

vIDEOS | VER todos os videos de Minotauromaquia (1)
Galería de imaxes | VER AS 4 fotos de Minotauromaquia
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Minotauromaquia (16)
30 de Setembro, 2008
Maiores e pequenos adquiren protagonismo nesta edición de Curtocircuíto
23 de Maio, 2005
Minotauromaquia galardoada co premio do público e do xurado no festival de Cans
21 de Marzo, 2005
A primeira longametraxe de Jorge Coira “O ano da caracha” é a gran vencedora dos premios Mestre Mateo
8 de Marzo, 2005
O sector audiovisual celebrou nunha gala as candidaturas aos premios Mestre Mateo
2 de Febreiro, 2005
As curtametraxes galegas centran a programación do mes de febreiro do CGAI
Minotauromaquia