Mar libre |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Mar libre
Unha historia de época e aventuras ambientada nas Rías Baixas e na costa da Morte a finais do século XVIII. O amor entre o fillo dun pescador e a filla dun rico fomentador catalán da industria da salga, discorre no medio dunha gran revolta social das xentes do mar. O título orixinal deste proxecto foi Conversas co vento. Terá unha dobre montaxe, nun só filme e en miniserie de dous capítulos, de 70 minutos cada un. Estrea 19/2/10 en Santiago de Compostela. Emisión na TVG o 14/12/2010 ás 22 horas a primeira parte e a segunda, unha semana despois.

Palmarés: Premio á mellor película para TV nos Mestre Mateo entregados en 2011. Premio especial do xurado no XLIV WorldFest 2011, festival internacional de cine de Houston (EEUU). Placa de Ouro na categoría de miniseries de TV, no 47th Chicago International Film Festival Hugo Awards (2011). Premio á mellor teleserie no Euro Film Festival de Marbella (2011). Premio ao mellor telefilme no Bragacine 2011 (Braga, Portugal).
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / Dani de la Torre
Dirección de produción: / Mamen Quintas
Figurinista: / Eva Camino
Guionista: / Julio Casal / Alberto Guntín / Daniel Sáez de Parayuelo / Víctor Sierra
Intérpretes: / Xúlio Abonjo / José Barato / Mela Casal / Xabier Deive / José Ángel Egido / Miguel de Lira / William Miller / Isabel Naveira / María Vázquez / Luís Zahera / Xosé Manuel Olveira “Pico”
Música: / Manuel Riveiro
Produción Executiva: / Julio Casal

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Produtora / Ficción Producciones, S.L. / Televisión de Galicia (TVG)
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

Titulo orixinal: Mar libre
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 140'
Orixe: Galicia
Ano: 2009
Idioma V.O.: Galego, catalán, castelán
Importe subvencións: 226.618 €

vIDEOS | VER todos os videos de Mar libre  (2)

Documentos

  1. baixa aqui Mar Libre

Galería de imaxes | VER AS 3 fotos de Mar libre

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org