Dramatización que permite ver como un polisón se introduce furtivamente nun barco na busca de agocho, mesturado cos testemuños de representantes de organizacións humanitarias, da administración pública, de traballadores do porto e dos barcos, así como a dos propios polisóns sobre as causas e circunstancias que rodean este fenómeno. Un tutsi, que na actualidade vive en Vigo, conta a súa experiencia, ao igual que outros dous mozos de raza negra.Palmarés: Premio Lobo de Cinema ao mellor documental (A Coruña, 2001)
| COMPARTIR Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código: |
Ficha artística
Dirección:
/
Ignacio Vilar
Ficha técnica
Produtora
/
Vía Láctea Filmes, S.L.
Titulo orixinal: Polisóns
Tipo: Documental
Xénero: Social
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 39'
Orixe: Galicia
Ano: 1999
Idioma V.O.: Galego
Dobrada: Castelán
