Quérote mal |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Quérote mal
Historia de amor protagonizada por unha muller cega, directora musical de éxito, autosuficiente, independente. Cristian, un cantante do coro que ela dirixe, consigue chamar a súa atención até que, unha noite, acaban na cama. Á mañá seguinte, Cristian invadirá o seu espazo coma un convidado molesto, cambiándoo todo de sitio, forzándoa a vivir outra vida. Ela non poderá ser ela. Ficará cega por primeira vez.

Palmarés: Curtametraxe rodada en Compostela, co gallo do II Festival Internacional de Curtametraxes-CurtoCircuíto 05, como gañadora do Proxecto Compostela Plató 2005. Premio Eixo Atlántico no festival de Cine de Ourense de 2005.
Mellor curta nos premios Mestre Mateo do audiovisual galego (2006).
Gañadora do premio público no VIII Concurso Iberoamericano de Cortometrajes Versión Española-SGAE, convocado polo programa de Televisión Española. Premio á Mellor Curtametraxe Dramática no festival HDFEST (2007). Segundo Premio á Mellor Curtametraxe no HDFEST feita en Nova York (2007). Leva gañado unha trintena de premios en diversos festivais, entre eles no Taormina Film Fest e no Short Film Festival de México.
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / Mireia Giró
Dirección fotografía: / Juan Hernández
Guionista: / Mireia Giró
Intérpretes: / Monti Castiñeiras / Isabel Naveira
Música: / Manuel Riveiro
Produción Executiva: / Julio Casal
Xefatura de produción: / Llerena Perozo

 

Ficha técnica
Posprodución / DDA
Produtora / Ficción Producciones, S.L. / Santiago de Compostela Film Commission
Sonorización, locución e dobraxe / DDA
Soporte técnico a rodaxes / Curtocircuíto

Titulo orixinal: Te quiero mal
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 27'
Orixe: Galicia
Ano: 2005
Idioma V.O.: Castelán
Orzamento: 30.000 €

vIDEOS | VER todos os videos de Quérote mal  (1)

Galería de imaxes | VER AS 1 fotos de Quérote mal

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org