Quico Cadaval, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo xúntanse para amosar un Shakespeare menos coñecido
Clásicos inmor(t)ais
Dunha banda, un conferenciante que pretende explicar quen é Shakespeare a un público leigo na materia. Da outra, un dúo de actores que teñen como misión complementar ese relatorio representando as esceas máis populares do dramaturgo. ¿O resultado? Unha comedia que xunta no escenario a “poética de Mosqueira, a pragmática de Calvo e a ética de Cadaval”, en palabras deste último. Shakespeare para ignorantes repasa a dramaturxia dun autor mitificado pola sociedade e que revela unha cara menos amable do británico.
2009-10-08
A Universidade de Vigo acolle un ciclo Escritores na Universidade
Os encontros Galeusca debaterán as pequenas literaturas
Escritores das linguas minoritarias do Estado danse cita a partir de mañá en Euskadi no marco dos XXVI Encontros Galeusca. Desta volta, e baixo o lema central de Pequenas Literaturas, grandes retos, a reunión analizará ata luns cuestións coma a autoría, a difusión da lectura ou o papel dos colectivos nestes fins. Entre outros, visitarán Euskadi autores galegos coma Cesáreo Sánchez, Alfredo Ferreiro, Francisco Castro, Marcos Calveiro ou Mercedes Queixas. A coincidir no este encontro, a Universidade de Vigo e a Asociación de Escritores programan o ciclo Escritores na Universidade, que entre o 8 de outubro e o 3 de decembro achegarálle aos estudantes o traballo de creadores coma Quico Cadaval, Luís Rei Núñez, Elvira Riveiro ou Antonio García Teijeiro.
2009-08-19
O actor representa en Ferrol o espectáculo interactivo Conversatorio
Quico Cadaval leva a escena a un escaparate
Falar con Quico Cadaval nun escaparate durante cinco minutos por un euro. Esta é basicamente a proposta de Conversatorio, obra que o dramaturgo e actor está a desenvolver en Ferrol desde onte. Calquera viandante pode introducirse no escaparate e falar do que queira con Cadaval, mentres os que pasan por fóra poden ollalos pero non escoitalos. Os interesados teñen mañá, de catro a dez da tarde no escaprate da rúa Real 44, unha oportunidade de participar.
2009-05-11
O programa aposta por achegamentos interdisciplinares á nosa lingua
A revolta das letras encherá de actividades Compostela
Recitais, accións artísticas, videocreación, música, graffitis ou cinema son algunhas das propostas que se inclúen en Revolta das Letras. O programa, que se desenvolverá en Compostela o 16 de maio, pretende "pór en valor o galego como unha lingua viva, amosando a rica produción cultural que dela se fornece", segundo a concelleira de Cultura da cidade, Socorro García. Deste xeito, diferentes espazos acollerán as intervencións de Antón Lopo, Ana Romaní ou Daniel Salgado entre outros. Quico Cadaval guiará unha visita de Turismo Mental, a Quintana será o punto de partida dun Maratón Fotográfico mentres que o Toural acollerá actividades de arte na rúa e na alameda haberá diferentes actividades, un torneo de billarda e concertos a cargo da asociación A Gentalha do Pichel.
2009-04-30
Díaz Pardo, Neira Vilas e Anisia Miranda serán os persoeiros convidados
Ponteceso acollerá a XXVII edición da Festa das Letras
A Festa das Letras que cada ano organiza a Asociación Monte Branco, en Ponteceso, chega neste 2009 á súa XXVII edición. As actividades comezan xa o nove de maio coa lectura dun pregón á que están convidados Isaac Díaz Pardo, Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda. Canda a eles, e ata o día 17 sucederanse concertos, conferencias, a feira de artesanía, contacontos e outras propostas. Está xa confirmada a presenza de nomes coma Xurxo Souto, Marful, Pai da Cana, A Quenlla, Malvela, as Cantareiras de Ardebullo, Carlos Blanco ou Quico Cadaval.
2009-03-26
Unha primavera para Aldara foi a gran vencedora da XII dos María Casares
As amigas de María
A gran festa do teatro, os Premios María Casares, non tivo alfombra vermella senón lila. Deste xeito pretendíase reivindicar o papel da muller na dramática galega. E elas foron as grandes vencedoras: Ana Romaní como Premio de Honra e Teresa Moure coa escrita da súa primeira obra teatral Unha primavera para Aldara. A montaxe, dirixida por Xulio Lago, recibiu ata sete galardóns, entre os que destaba o de mellor espectáculo, mellor dirección e mellor texto orixinal.
2009-03-18
Os autores dramáticos galegos cobran cada vez máis peso nas producións escénicas
O teatro busca os seus valores
Na idade media, no andar número cen dun rañaceos, na exótica cidade de Sezuán… as historias desta edición dos Premios María Casares, os máis importantes da dramática galega, transcorren en lugares ben alonxados e afastados da realidade galega. Unha edición nas os traballos creados por autores do país, acaparan as candidaturas dun galardóns que se entregarán a vindeira semana.
2009-03-04
Manuel Lourenzo e Quico Cadaval xuntos na nova produción do Centro Dramático Galego
Momento spa
Mariña luguesa. Un empresario decide montar un complexo turístico-musical enriba dun castro. Para a inauguración organiza un espectáculo con tintes case pornográficos ao que convida a importantes personalidades. Este é o ambiente no que transcorre As Dunas. Free Spa, a nova montaxe do Centro Dramático Galego. A obra unifica o texto de Manuel Lourenzo coa dirección de Quico Cadaval. Unha comedia de teatro, danza e música en directo estréase este venres 6 no Salón Teatro de Santiago.
2009-01-23
O 6 de marzo estrearase As dunas escrita por Manuel Lourenzo e dirixida por Quico Cadaval
O CDG celebrará as vodas de prata cun acto conmemorativo o 4 de xullo
No 2009 cúmprense os vinte e cinco anos do Centro Dramático Galego. O buque insignia do teatro do país celebrará o vindeiro 4 de xullo esta efeméride cun acto conmemorativo chamado "Noite Branca". Pero ata entón, o CDG ten previsto realizar preto dunha vintena de actividades entre as que destaca a estrea de As dunas. A montaxe chegará ao Salón Teatro o vindeiro 6 de abril e combinará o texto de Manuel Lourenzo coa dirección de Quico Cadaval. A obra será un cabaré sobre o paraíso perdido que transcorre na mariña luguesa. A celebración dos vinte anos de Teatro de Morcego, a estrea de dúas coproducións do CDG (ECO e Delimvois), o terceiro ciclo de accións ST, que lle dará protagonismo a espazos non escénicos do salón teatro, son outras das actividades programadas neste semestre.
2009-01-05
O Centro comeza o ano coa reposición de Noite de reis
Unha nave industrial é o novo local de ensaio do Centro Dramático
O Polígono da Costa Vella, nas proximidades de Compostela, acolle a nave industrial que será, a partir deste ano, o local de ensaio do Centro Dramático Galego. O espazo, que conta con dúas salas, estará tamén destinado a ensaios de compañías privadas, pases privados con público e as actividades dos participantes no programa Artistas en residencia entre outras propostas. Deste xeito, Teatro de Morcego aproveitará o espazo para os ensaios da obra Kvetch, e o propio CDG inicirá o día 12 os traballos para a representación de As dunas, con texto de Manuel Lourenzo e Quico Cadaval. Antes diso, o día 8, o CDG inicia a reposición da súa exitosa obra Noite de Reis. Ou o que queirades, unha adaptación de Shakespeare da man do mesmo director. A obra poderá verse no Salón Teatro de Compostela ata o vindeiro 31 de xaneiro.