Fundación Caixa Galicia (A Coruña), ata o 28 de febreiro
Ruth Matilda Anderson. Unha mirada de antano
Data 29/10. Axenda de actos de culturagalega
Numerosas persoas visitaron Galicia ao longo dos anos movidas por diversos intereses do acervo cultural galego. Na actualidade conservamos dalgúns dos visitantes máis metódicos e curiosos un extenso legado no que se recolle a súa particular visión, grazas á cal, temos a oportunidade de achegármonos máis ao lugar que habitamos. Agora na Sede Fundación Caixa Galicia da Coruña ofrecemos esa oportunidade coa monumental obra de Ruth Matilda Anderson (1893-1983), fotógrafa e etnógrafa da Hispanic Society of America en Nova York, que percorreu Galicia entre 1924 e 1926 coa súa cámara fotográfica. A presente mostra, “Ruth Matilda Anderson. Unha mirada de antano”, comisariada por Miguel Anxo Seixas Seoane e Patrick Lenaghan, exhibe o que o seu ollo viu a través do obxectivo. Estamos ante o maior arquivo fotográfico de Galicia, caracterizado pola súa gran calidade e pola vasta información que nos achega, tamén a nivel textual. Ata o 28 de febreiro somos espectadores da nosa propia historia, desde A Coruña.
Esta actividade é posible grazas á colaboración entre a Hispanic Society of America e a Fundación Caixa Galicia