Evento
Compartir:

"A Cabeza do Dragón" conta coa dramaturxia e dirección de Quico Cadaval, compartindo escenario cun elenco artístico composto por Iván Marcos, Ana San Martín, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto, Yelena Molina e Marcos Orsi. A Cabeza do Dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que, titulou, ironicamente, Retablo de marionetas para educación de príncipes. A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na cultura europea. Nesta fabula, que é do dominio público, o autor Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso. A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade.

Máis información AGADIC

Máis información

Dramatización durante a presentación da obra, ante Martiño Noriega e Jacobo Sutil. Foto: S. Montes

A cabeza do dragón estréase este venres no Salón Teatro de CompostelaCadaval propón a representación de Valle-Inclán ''como unha festa, non unha fazaña histórica''

Información:

  • 19/5/2017
  • 21:30
  • Salón Teatro , Lalín
  • Fonte: AGADIC

Lugar