Evento
Compartir:

Martes de Carnaval é historia de España. Preséntanse neste proxecto, por primeira vez en galego, dous dos esperpentos de Valle-Inclán. O noso autor ataca directamente aos poderes militares, políticos, monárquicos e eclesiásticos, para facer un retrato escuro, tráxico e lúcido dun país. As galas do defunto comeza en Galicia en 1898, nunha cidade portuaria co sabor da derrota nos beizos e toda a resaca que provocou a guerra de Cuba. Para construír A filla do capitán, o autor partiu de dous acontecementos reais da época: o pronunciamento de Primo de Rivera en 1923 e o crime do Capitán Sánchez, famoso na prensa sensacionalista, en 1913.

Máis información AGADIC

Máis información

Información:

  • 20/5/2017
  • 20:30
  • Teatro Principal , Ourense
  • Fonte: AGADIC

Lugar