Compostella dicitur. A cidade da catedral

ata o 11 de decembro de 2012

Lugar: Casa do Cabido
Cidade: Compostela
Compostella dicitur. A cidade da catedral é o nome da exposición que servirá para inaugurar o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea. A orixe do nome procede da bula do Papa Urbano II, de 1095, na que se decreta o traslado da sede episcopal dende Iria Flavia ata a cidade “chamada Compostela” (“Compostella dicitur”).

A exposición conta con dúas aplicacións interactivas que permiten recrear o aspecto da cidade en 1211. A primeira é un plano virtual a través da cal pódense coñecer os nomes das rúas, das fontes, das portas da muralla e das igrexas, así como as áreas nas que se asentaban os diferentes gremios. A outra é un paseo virtual que recrea os pasos que un peregrino tiña que dar nesa época dende a Porta do Camiño ata a súa entrada na catedral.

A mostra complétase cunha serie de paneis explicativos que permiten coñecer aspectos relacionados co aspecto urbano da Compostela medieval: as igrexas da cidade, a antiga muralla coas súas portas, os oficios e os gremios. Un apartado especial está dedicado ao abastecemento de auga, cuxo sistema aínda hoxe perdura nalgúns puntos da cidade.

Tamén conta cunha colección de reproducións de vistas e planos históricos de Santiago, así como a vista aérea de 2008, a través dos cales pódese comprobar como a fisonomía da cidade histórica permaneceu practicamente inmutable ao longo dos tempos.

A exposición respecta ao máximo estrutura do edificio recén rehabilitado, que, deste xeito, convértese nun aspecto máis da visita. A planta baixa, abovedada, da Casa do Cabido, acolle un resume, en imaxes, do proceso de rehabilitación ao que se someteu o edificio durante os últimos meses.

De martes a sábado, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas-
Amplía a información en Consorcio de Santiago