Coordenadas

ata o 31 de decembro de 2012

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia
Cidade: Vigo
Coordenadas é o título da que será a exposición permanente do Centro Social de Novacaixagalicia en Vigo. O proxecto, que reúne por vez primeira obra das dúas coleccións de arte das antigas caixas galegas, amosa sesenta pezas nas que se reúne o traballo de artistas novos con clásicos da creación como Lugrís, Quessada, Laxeiro ou Maruja Mallo.
A través de catro grandes bloques temáticos e 60 pezas de 52 creadores galegos, ‘Coordenadas’ “traza un estudo do perfil de Galicia seguindo dous eixos: Galicia e O home, cunha visión exterior e unha interior de ambos: O mar, Verde País, Inquedanzas e Escenarios”.

No percorrido proposto os visitantes poderán contemplar fondos dos séculos XX e XXI; obras clásicas e, sobre todo, adquisicións moi recentes; artistas consagrados e, máis que nada, xóvenes creadores, todo nunha selección de marcado espírito heteroxéneo, abundante en diversas técnicas, propostas e linguaxes.

Policarpo Sanz 24, 1º Vigo

Horario:

Venres, sábados, domingos e festivos de 17.30h a 20.30h
21:00
Miscelánea
Compostela
Web do Consorcio
Banda deseñada
Santiago de Compostela
clubtura
23:00
Rock
Ferrol