Producións Teatráis Excéntricas - A cabeza do dragón

21 de abril de 2017

Hora: 21:00
Lugar: Auditorio Municipal
Cidade: Vigo
Fonte: AGADIC
"A Cabeza do Dragón" conta coa dramaturxia e dirección de Quico Cadaval, compartindo escenario cun elenco artístico composto por Iván Marcos, Ana San Martín, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto, Yelena Molina e Marcos Orsi.

A Cabeza do Dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que, titulou, ironicamente, Retablo de marionetas para educación de príncipes. A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na cultura europea. Nesta fabula, que é do dominio público, o autor Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso. A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade.

Máis información AGADIC

Web de Afundación
00:00
Banda deseñada
A Coruña
Facebook de Banda Deseñada
18:00
Banda deseñada
Vigo
Web de Afundación
18:30
Banda deseñada
A Coruña
Concello de Sada
18:30
Banda deseñada
Sada