Ánxel Huete, Manel Lledós, Miguel Saco, Tempos dun encontro

ata o 23 de xullo de 2017

Hora: 00:00
Lugar: Casa das Artes
Cidade: Vigo
Esta exposición aborda a acción artística desde a experiencia dun lugar. Un espazo de tempo concreto, fixado e cargado de intencións: Nova York a comezos dos anos oitenta; desexado, imaxinado e vivido polos artistas Ánxel Huete (Ourense, 1944), Manel Lledós (Barcelona, 1955) e Miguel Saco (Ourense, 1956). Un encontro compartido que agora se revisa na procura de reactivalo, a través das obras realizadas neses anos xunto ás súas últimas pinturas e esculturas.
Facebook de Andel
20:00
Banda deseñada
Vigo