Atlantic Fest

ata o 2 de xullo de 2017

Hora: 00:00
Cidade: Illa de Arousa
A segunda edición do Atlantic Fest segue a liña marcada o pasado ano apostando por un formato diferente de festival que comeza desde a mañá cada día, convertendo toda a illa de Arousa nun recinto e aproveitando para os concertos escenarios naturais e locais da vida cotiá da Illa como as tascas para ofrecer unha experiencia que lembrar e pensada para compartir con amigos ou en familia.
Dez novas confirmacións para os diferentes escenarios do festival, Son Estrella Galicia, Turismo Rías Baixas (Auditorio), D’Tascas Jägermusic, Paco & Lola (Plaza de Abastos) e Zona Gastro presentan xa un line-up completo e distribuído polos tres días do festival entre o 30 de xuño e o 2 de xullo. Esta edición de novo volve ofrecer un diverso listado de bandas e artistaas do panorama "indie" nacional e internacional, do pop a outros máis roqueiros e mesmo a electrónica. A escena galega tamén está representada nesta edición en varios dos escenarios.
Los Planetas, Lori Meyers, The Temper Trap, Maximo Park Official, DELOREAN, L.A., Anni B Sweet, Joe Crepúsculo, Rosalía & Raül Refree, Apartamentos Acapulco, Electric Feels, Os Amigos dos Músicos, Sen Senra, Puma Pumku, Dois, Birds Are Indie, Esposa, Mounqup y Kings Of The Beach.
Amplía a información en ATLANTIC FEST
Web de Afundación
00:00
Banda deseñada
A Coruña
Facebook de Alita
19:30
Banda deseñada
A Coruña
Facebook de Fun Fun Fun!
00:00
Banda deseñada
Compostela