33 Mostra Internacional de Teatro

ata o 24 de xullo de 2017

Hora: 00:00
Cidade: Ribadavia
A obra Golem da dramaturga británica Suzanne Andrade, abrirá este ano o programa de actuación da 33ª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. O espectáculo farase o 15 de xullo no Auditorio do Castelo a cargo da compañía 1927 en coprodución con Festival de Salzburgo, Théâtre de la Ville de París e Young Vic Theatre de Londres. O peche da mostra o 24 de xullo correrá a cargo da posta en escena dunha función especial de A cabeza do Dragón de Valle-Inclán por Producións Teatrais Excéntricas, a primeira obra do dramaturgo levada á escena en galego. Entremedias a 33 MIT ofrecerá espectáculos procedentes de Reino Unido, Grecia, Alemaña, Francia, Portugal ou Lituania, que convivirán coas estreas, coproducións e funcións galegas e do resto do estado: Andalucía, Illas Baleares, Madrid ou Castela-León.
Amplía a información en MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO DE RIBADAVIA
Web de Afundación
00:00
Banda deseñada
A Coruña
Facebook de Lecturas Debuxadas
20:00
Banda deseñada
Gondomar
Concello de Sada
18:30
Banda deseñada
Sada