Festival Noroeste Estrella Galicia

ata o 13 de agosto de 2017

Hora: 00:00
200 horas de música, máis de 100 artistas e bandas en 15 espazos urbanos.
O 31º Festival Noroeste Estrella Galicia ofrecerá do martes 8 ao domingo 13 de agosto, unha ambiciosa programación na que teñen cabida estilos tan diversos como o pop, o rock, o indie, a música de vangarda, o hip hop, a fusión ou o punk e que permitirá aos padais máis esixentes gozar cunha experiencia completa: vibrar coas súas bandas favoritas e descubrir novos grupos e artistas menos habituais na nosa xeografía, amais de achegar unha completa mostra da escena musical galega.
A parte máis alta do cartel a protagonizarán os británicos Kaiser Chiefs -no seu único concerto no noso país nos próximos meses-,os escoceses The Jesus And Mary Chain -nunha das súas escasas actuacións en España este verán-, os españois Surfin' Bichos -reunidos en exclusiva para a xira do 25 aniversario do seu mítico álbum Hermanos Carnales-, e máis o galego Iván Ferreiro. Tamén son de destacar aas actuacións de Swans e Rodrigo Leão nunha liña de concertos en teatros dentro do festival a Selección Noroeste.
Este ano, o festival incorpora, ademáis, un ciclo comisariado por Desconcierto Cultural, as Matinais do Noroeste, que xoves, venres e sábado amenizará a hora do aperitivo en diferentes rúas e prazas da Coruña.
Máis da metade das 100 bandas e artistas que actuarán no festival son galegas. Ademais de Iván Ferreiro, Eladio y Los Seres Queridos, García MC ou Emilio José e de grupos míticos como Radio Océano, Lascivos ou Samesugas, haberá unha amplísima representación da nova escena musical galega, como as Bala, Malandrómeda, Atrás Tigre, Os Gru, Travesti Afgano, Pantis e un longuísimo etc: Boyanka Kostova, Espiño, Puma Pumku, Bifannah, Indomable, Jules & the wolf, Lamprea explosiva, Naranja imaginario, Ricky Hombre Libre, Less Fortunate Songs, Hongo, Luga, Harakiri, Romance, The Preachers, Klüte, Sen Senra, Calero, Mielitza, Salmiak, Dagla, Window Pane, Ánima, The Soul Jacket, Druso, The Riggos, Eager Platypus, Proyecto Moucho, Xoán Curiel...

A programación completa e horarios están dispoñibles na súa web.


Amplía a información en FESTIVAL NOROESTE
Web de Afundación
00:00
Banda deseñada
A Coruña
Blog da AELG
18:00
Banda deseñada
Betanzos