Festa Cidade Europea do Viño

9 de setembro de 2017

Hora: 00:00
Lugar: Parque do Torrado
Cidade: Cambados
A Festa Cidade Europea do Viño en Cambados será a derradeira cita do circuíto de festivais Rías Baixas Fests. A formación vasca Belako encabeza un cartel heteroxéneo en estilos no que tamén están os cambadenses Familia Caamagno, ademais deles tamén estarán: Presumido, Ghesgha, Disco las palmeras!, Capsula, Brían Cross, Emilio José, Oh Ayatollah, Kings Of The Beach, Niña Coyote eta Chico Tornado. A Festa Cidade Europea do Viño celebra a recente consecución desa "capitalidade enolóxica" para o vixente ano pero ademais ten vocación de manterse como cita fixa anual no calendario. As once bandas ou artistas actuarán no Parque do Torrado da vila, cun programa que comezará a mediodía e se prolongará ata a madrugada. O evento é de balde .
Amplía a información en FB Festa Cidade Europea do Viño
Web de Afundación
00:00
Banda deseñada
A Coruña
Facebook do Autobán
18:00
Banda deseñada
A Coruña
Concello de Sada
18:30
Banda deseñada
Sada
Facebook de Alita
19:30
Banda deseñada
A Coruña