Ciclo de conferencias A arte no cómic

ata o 18 de novembro de 2017

Hora: 18:30
Lugar: Sede de Afundación
Cidade: A Coruña
Fonte: Web de Afundación
O 17 e 18 de novembro a sede de Afundación na Coruña acolle un ciclo de conferencias que fai parte das actividades palalelas da exposición A arte no cómic.

Venres 17 de novembro

18.30 h - Conferencia «Os museos vistos polo cómic», con Asier Mensuro.

19.30 h - Mesa redonda con Fabrice Douar (Museo do Louvre, París), José Manuel Matilla (Museo del Prado, Madrid) e Ana Cela (Thyssen-Bornemisza, Madrid). Moderador: Asier Mensuro.
Analizamos a inclusión do cómic nos fondos artísticos dos museos máis importantes de Europa e coñecemos os diferentes exemplos de publicacións e mecenado impulsadas desde institucións culturais internacionais.

Sábado 18 de novembro
11.30 h - Conferencia «Biografías de pintores de cómics», con Asier Mensuro.
12.30 h - Mesa redonda con Sagar Forniés (autor, xunto a Aurélie Herrou, do cómic Le syndrome de Stendhal, patrocinado polo Centro Pompidou de París) e Ricard Efa (autor do cómic Monet. Nómada de la luz). Moderador: Asier Mensuro.
Coñecemos a biografía de debuxantes de cómic interesados na hibridación de banda deseñada e artes plásticas e algúns exemplos concretos de monografías sobre pintura no cómic.
18.30 h - Conferencia «O cómic en Galicia. Desde as orixes á actualidade», con Octavio Beares.
19.30 h - Mesa redonda «O cómic como arte», con Miguelanxo Prado, Jacobo Fernández e Brais Rodríguez. Moderador: Octavio Beares.
Un percorrido pola historia da banda deseñada en Galicia, autores destacados e iniciativas culturais máis importantes e interesantes deste ámbito

Entrada de balde ata encher capacidade previa reserva no 981 185 060 ou a través o web de Afundación.

Máis información Web de Afundación

Web de Afundación
00:00
Banda deseñada
A Coruña
Facebook de Lecturas Debuxadas
20:00
Banda deseñada
Gondomar
Concello de Sada
18:30
Banda deseñada
Sada