|
|
 |
5/
9/
2008 
Dez autores galegos visitarán as XIII Xornadas de Cómic de Avilés
Jorge Iván Argiz, un dos organizadores das Xornadas de Cómic de Avilés acaba de facer público no blog Desde mi mundo unha lista dos autores que confirmaron a súa presenza neste evento, aínda que non fan parte dos convidados oficiais. Nesta categoría atopamos unha nutrida representación galega, composta por dez nomes. Kike Benlloch, Diego Blanco, Hugo e Sergio Covelo, José Domingo, Bernal Prieto, Emma Ríos e Brais Rodríguez acudirán desde o colectivo Polaqia, mentres que Violeta farao como debuxante de Kiss Cómix e membro da agrupación viguesa Fuck Cómics. As xornadas desenvólvense entre o 8 eo 14 e setembro nesta vila asturiana.
Ampliar nova >> |
 |
4/
9/
2008 
Tirso Cons participará no Festival de BD de Andenne, en Bélxica
A Festa da BD e do libro para nenos que se celebra na cidade belga de Andenne contará con presenza galega. O pontevedrés Tirso Cons toi convidado a participar os vindeiros días 11 e 12 de outubro no evento, que está dedicado nesta edición a autores españois. No seu blog, ademais, achéganos unha galería de ilustracións que realizaron artistas convidados para o segundo volume da súa serie Le Manoir des Murmures, con nomes coma Tim Sale ou José Luís Munuera entre outros.
Ampliar nova >> |
2/
9/
2008 
De Fuck Cómics a Novaxove.com
Davida e Kalosú, dous dos membros do colectivo vigués Fuck Cómics, acaban de iniciar a súa colaboración co portal Novaxove.com, de Caixanova. Os dous autores farán cadansúa tira semanal neste web, no que se poden ler unha entrevista a cada un destes creadores.
Ampliar nova >> |
2/
9/
2008 
Retranca chega ao número dez cun extra sobre festas
O décimo número de retranca é un especial festas que co epígrafe Galicia cantidade convida a coñecer as celebracións do país. En total son 64 páxinas de humor a cargo dos colaboradores habituais. O lanzamento deste número extra, que xa está nas librarías por 4,40 euros, coincide co mes de vacacións para a revista, que non sairá durante o mes de setembro.
Ampliar nova >> |
 |
27/
8/
2008 
A editorial Planeta de Agostini publicará o Cuaderno de Tormentas de David Rubín
Finalmente será Planeta de Agostini quen edite Cuaderno de Tormentas, de David Rubín. A editora, unha das máis importantes no campo da banda deseñada a nivel estatal anunciaba hoxe nunha nota de prensa a vindeira edición desta obra, que ata o momento estaba nas mans da madrileña Dibbuks. Planeta mantén decembro como data de lanzamento deste libro intimista situado na fronteira entre BD, literatura e ilustración.
Ampliar nova >> |
 |
27/
8/
2008 
David Braña presenta o trailer da súa novela gráfica DOS
DOS -Primeros Síntomas é o título da novela gráfica que o guionista David Braña, vigués de adopción, publicará o vindeiro mes de setembro coa editorial Drakul. Agora preséntanos o trailer desta historia de misterio, con debuxos do arxentino Hernán Fino, no seu blog. Braña adianta a capa de Law & Co historia que publican FX Gràfics e Seventeen Cómics e na que Danie Egido ilustra o seu guión.
Ampliar nova >> |
 |
25/
8/
2008 
Autores galegos participan no Dos veces breve especial guionistas
As obras que os autores galegos de BD achegan ao número especial guionistas da revista Dos veces breve teñen un marcado carácter rural. Por unha banda, Kike Benlloch e Manel Cráneo presentan en conxunto unha traxedia ambientada na nosa sociedade tradicional. Pola súa banda, Alberto Guitián, preséntanos unha visión postmoderna dese ámbito cos seus Fito e Pita. Canda aos galegos, o volume conta coa participación de recoñecidos autores estatais coma Javier Olivares, Manel Fontdevila ou Bernardo Vergara.
Ampliar nova >> |
 |
22/
8/
2008 
Variopinta repercusión na rede da última edición de Viñetas desde o Atlántico
Viñetas desde o Atlántico é o gran escaparate da banda deseñada galega, por iso non é de extrañar que xenere expectativas ano tras ano. Autores, editores e usuarios aproveitaron a rede para contar a súa experiencia. Óscar Iglesias, colaborador do festival, aproveitou para facer unha particular crónica debuxada desta edición. Máis crítico é o editor Ricardo Mena, que publicou un artigo no que fala da desorganizacion, desinformación e, con respecto aos autores convidados, di deles que “non teñen tirón suficiente”. Nesta liña sitúase, Julio Pesquero, coordinador do grupo de tecnoloxías da información e da comunicación das bibliotecas municipais da Coruña, que incide na escasa información e na pouca antelación coa que se soubo o cartel. A isto engádese unha unha galería fotográfica do colectivo Polaqia mais o vídeo elaborado polo programa Miraxes da Televisión de Galicia.
Ampliar nova >> |
|
|
 |
Untitled Document
 |
NOVOS EXTRAS |
 |
 |
PUBLICACIÓNS |
 |
|