» banda deseñada »  autores
oti.jpgOti Ríos, Francisco
Cabanas (A Coruña)  1954   
Teléfono: 609 807 602 / 981 891 686
Paco Oti
Debuxante
Debuxante, deseñador gráfico e deliñante. Colaborou con "Teima", "Can sen dono", "As Roladas", "El ecologista" e "El patito feo". Traballou na realización do "I Seminario Galego do Humor" celebrado en Sada. Na actualidade desenvolve unha actividade esporádica na banda deseñada. Estas son algunhas das numerosas exposicións de BD nas que participou: Banda Deseñada, I exposición de cómic (A.C.Roi Xordo, Ferrol - 1977) con Xaquín Marín e Alberte Permuy; diversas mostras en Fene, Pontedeume, Ferrol, Alemaña e Bélxica en 1984; colectiva no Museo do Humor (Fene - 1985), retrospectiva de toda a súa obra (Teatro Principal, A Estrada - 2002), Humor Cru (Museo do Humor, Fene - 2003).

Palmarés
Gañou o premio Culturagalega.org - BD Banda (2002).

Formación específica
Certificado en Teatro, Vídeo e Artes Plásticas pola Escola de Estiu de Animació Sociocultural Interacció-84, Barcelona. Colaborador e asistente ao I Congreso Galego de Animación sociocultural, Santiago de Compostela (Xunta de Galicia).
publicacións


  Noticias relacionadas

Unhas letras para a música
Publicado o 23 / 5 / 2022
O sitio para a escena musical galega nas bibliotecas aínda está por normalizarse na nosa produción editorial

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org