» banda deseñada »  autores
Carlos Portela
Guionista
Coñecido guionista e subdirector de "Viñetas desde o Atlántico", é analista de BD desde 1983 cando ao fundar o fanzine "Interlinea" inclúe a sección de crítica "Nomofan". Tres anos despois lanza en Radio ECCA o programa sobre cómic "Arte Alfa". Na TV foi guionista e presentador do "Xabarín Club" como "O Doutor TNT". Guionizou a aclamada e inconclusa serie "Impresiones de la Isla" (2 nºs), con deseños de Fernando Iglesias, que lles valeu tres nominacións no Salón de Barcelona. Son obras súas "Kami Seeds" (ed.Camaleón, con Víctor Rivas e F. Iglesias), "Vox Populi" (tira con V. Rivas que durou cinco anos), as tiras semanais "Forest Hill" e "Guinsy" -esta chegaría a ser diaria- con Norberto Fernández para o Atlántico Diario. Asinou a segunda etapa de "Gorka" (ed.Planeta de Agostini), outra volta con F. Iglesias e esta vez tamén con Sergi San Julián. Entre 1995 e 2000 publicou con F. Iglesias a serie "O labirinto de pedra" no magazine "Compostelán". Igualmente con Iglesias, participou na antoloxía internacional "Comix2000". Colaborou con publicacións como "Krazy Comics", "Totem", "Frente Comixario" e "El País". Algunha historia escrita por él para deseños de Santiago Sequeiros viu a luz no álbum "La Mala Pena". Traballa para o mercado francobelga coa serie "Os Heresiarcas", con debuxos de Das Pastoras, publicada en EEUU baixo o nome "Deicide". Deste título unha contribución apócrifa viu a luz na nova etapa da revista "Metal Hurlant", que ademais serializou o segundo tomo. Bateu récord de vendas na editorial Glénat recuperando o personaxe de "Esther" con debuxos da autora Pura Campos. Participa na segunda etapa da revista BD Banda facendo tándem con F. Iglesias, que asina como Kohell.

Entrevista a Carlos Portela en Entrecomics (2007)

Palmarés
Premio Ourense ao mellor autor afeccionado 1991 da Casa da Xuventude de Ourense por "O voo da cometa", xunto con Fernando Iglesias, historia baseada nun relato de Ray Bradbury. Premio da Xunta por "Nosotros" realizada con deseños de Víctor Rivas.
publicacións
Álbum
Gorka. El viento de Odei
Guionista, Planificación de páxina,
Álbum
A conta atrás
Guionista,
Catálogos e manuais
Historieta Galega 1973-2008
Guionista, Crítico,
Revista ou comic-book
BD Banda (nova época)
Guionista,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Álbum
Las Nuevas Aventuras de Esther
Guionista,
Álbum
Los Heresiarcas
Planificación de páxina, Guionista,
Álbum
H2Oil
Guionista,
Revista ou comic-book
Barsowia
Guionista,
Revista ou comic-book
Elipse
Guionista, Planificación de páxina,
Fanzine
Alopecia mental
Guionista,
Álbum
O cómic en Galicia
Guionista,
Revista ou comic-book
Debuxantes en banda
Guionista,
Revista ou comic-book
Concurso galego de BD (varios títulos)
Guionista,
Revista ou comic-book
Frente Comixario
Guionista,
Fanzine
Interlínea
Direccion,
Revista ou comic-book
Coiote
Guionista,


  Noticias relacionadas

Barcelona despois da festa
Publicado o 5 / 5 / 2010
Menos novidades editoriais e a ausencia dun posto de venda marcan a presenza galega no XXVIII Saló del Còmic
A historia da Banda Deseñada galega
Publicado o 19 / 4 / 2010
30 anos de intentos
Cela 211 arrasa nos premios Mestre Mateo con dez estatuíñas
Publicado o 16 / 4 / 2010
A produción de Voz Audiovisual Matalobos foi recoñecida como mellor serie
Dámosche todas as claves para te orientar no proceloso mundo da BD galega
Publicado o 13 / 4 / 2010
ABC BD : Manual Básico de Banda Deseñada
Ampla presenza galega nas votacións aos premios Entrecómics
Publicado o 27 / 1 / 2010
A elección está aberta ata o vindeiro 31 de xaneiro
Rexeitamento unánime dos autores de banda deseñada á convocatoria de axudas da Xunta
Publicado o 20 / 1 / 2010
As titulacións requeridas e a esixencia de facturación son as principais críticas
Os editores centran a presenza galega na Feira de Guadalaxara
Publicado o 30 / 11 / 2009
Cultura promoverá que o noso sexa o país convidado na vindeira edición

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org