» banda deseñada »  autores
Miguelanxo Prado
Debuxante
Indiscutidamente, o autor máis importante na historia da banda deseñada galega. Comezou na pintura e a finais dos setenta iniciou a súa andaina no cómic, participando en 1979 na fundación do fanzine "Xofre". Colaborou en revistas como "Creepy", "Comix Internacional" e "Zona84". En 1985 publicou "Fragmentos da Enciclopedia Délfica", o seu primeiro álbum en solitario, ao que seguiría "Stratos" en 1987. Realizou para o magazine "El Jueves" a serie "Quotidiania Delirante" que duraría varios anos. En 1990 publicou o seu álbum máis celebrado, "Trazo de xiz", que obtivo repercusión internacional. Outros aclamados álbumes seus son "Stratos" ou "Tanxencias". Con guións alleos realizou bandas deseñadas como "Pedro e o lobo", ou a serie "O manancial da noite". Con todo, moi pouca da súa obra dispoñíbel en idiomas como castelán ou portugués pode conseguirse en galego, sendo unha destacada excepción o álbum "Páxina crepusculares", editado en 1993 pola Deputación da Coruña e que contén historias curtas de orixes diversas. Foi o creador do Xabarín da TVG e todos os personaxes da serie "Os vixilantes do Camiño". En 1998 foi requerido pola factoría americana Dreamworks para deseñar os personaxes da serie de animación "Men in Black". Ese mesmo ano entrou a dirixir a revista sobre banda deseñada "Elipse", editada pola Consellería de Cultura e da que só saíu un número. Tamén desde 1998 dirixe o salón "Viñetas desde o Atlántico". En 2003 viu a luz a súa colaboración co famoso guionista de Sandman, Neil Gaiman, no libro colectivo "Noites eternas".

Palmarés
Premio “Diario de Avisos” á mellor obra gráfica (Sta Cruz de Tenerife, España), 1984. Premio “Semana de la Historieta de Madrid” ao mellor libro do ano, 1986. Premio “Génie” da Convention de Paris, 1988. Premio Salão Int da BD do Porto (Portugal), 1988. Premio ao mellor libro do ano, Charleroi (Bélxica), 1988. Premio “Buenaventura”, Treviso Comics, Treviso (Italia), 1989. Premio do Salón Int do Cómic de Barcelona á mellor obra de 1988 (Barcelona, 1989). Premio Simão, no Porto (Portugal), 1989. Premio do Salón Int de Grenoble (Francia), mellor autor, 1990. Premio “Grand Prix des Alpages”, Salón Int de Sierre (Suíza, 1990). Premio “Philip Morris” Salón Int do Libro (Xenebra, 1990). Premio “Max und Moritz” do Salón Int de BD (Alemaña, 1990). Premio “Alph’Art” ao mellor libro extranxeiro Salón Int de Angouleme (Francia, 1991). Premio Asociación Nacional de Ilustradores (Madrid, 1992). Premio ao mellor autor extranxeiro, Salón de BD (Chile, 1992). Premio da Crítica (Artes), Fundación da Crítica Galega (Vigo, 1993). Premio ao mellor libro do ano, Salón da BD (Francia, 1993). Premio da Asociación de Libreiros Especializados de Francia ao mellor libro do ano, 1993. Premio “Diario de Avisos” á mellor obra gráfica, Sta Cruz de Tenerife (España, 1993). Premio “Diario de Avisos” ao mellor guión, Sta Cruz de Tenerife (España, 1993). Premio Ourense de BD por toda a súa traxectoria (Casa da Xuventude de Ourense, 1993). Premio “Alph’Art” ao mellor libro extranxeiro Salón Int de Angouleme (Francia, 1994). Premio do Salón Int do Cómic de Barcelona á mellor obra de 1993 (Barcelona, 1994). Premio Especial do Xurado, Festival Int de Sierre (Suíza), 1994. Premio ao mellor guión, Festival de Coxyde (Holanda), 1994. Premio de Honra da Câmara Municipal de Amadora, Festival de Amadora (Portugal, 1994). Premio da crítica ao mellor guión (Austria, 1994). Premio da crítica ao mellor libro do ano (Austria, 1994). Premio “Fernández Latorre” (A Coruña, 1996). Premio de Honra ao mellor libro extranxeiro, Festival de Amadora (Portugal). Premio ao mellor autor completo, Salón do Cómic de Granada (España, 2002). Premio BD Boum (XVIII edición, Blois, Francia, 2001).

Formación específica
Cursou estudos de arquitectura na Coruña.
publicacións
Álbum
Stratos
Debuxante, Guionista,
Catálogos e manuais
Galicia 2009, tempo de BD
Portadista,
Álbum
Los compañeros. La orden de la piedra
Debuxante,
Álbum
Os Compañeiros. A orde da Pedra
Debuxante,
Catálogos e manuais
Historieta Galega 1973-2008
Debuxante,
Álbum
Traç de guix
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Retranca
Humorista gráfico,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Álbum
Trazo de tiza
Debuxante, Guionista,
Álbum
Stratos
Debuxante, Guionista,
Catálogos e manuais
El cómic de la democracia española 1975-2005/06
Debuxante, Guionista,
Catálogos e manuais
Salón do Cómic de Cangas: Dez Anos de Viñetas
Ilustrador,
Álbum
A mansión dos Pampín
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
Caña
Debuxante, Guionista,
Álbum
H2Oil
Guionista, Debuxante,
Álbum
Crónicas Incongruentes
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
Elipse
Direccion, Guionista, Debuxante,
Álbum
Stratos
Debuxante, Guionista,
Álbum
Páxinas crepusculares
Debuxante, Guionista,
Álbum
Pedro e o lobo
Debuxante,
Revista ou comic-book
A banda do 17 (Cadernos A Nosa Terra)
Protagonista,
Álbum
Crónicas Incongruentes
Debuxante, Guionista,
Álbum
Stratos
Debuxante, Guionista,
Fanzine
Hércules
Debuxante,
Revista ou comic-book
Xofre
Portadista, Debuxante, Guionista,


  Noticias relacionadas

Miguelanxo Prado: “ Se conseguimos que o 1 por cento dos visitantes de Viñetas mercase unha BD sería un éxito rotundo”
Publicado o 13 / 7 / 2010
Will Eisner e Dave McKean son os principais convidados desta edición de Viñetas
A obra de Will Eisner e a presenza de Dave McKean protagonizan a nova edición de Viñetas desde o Atlántico
Publicado o 12 / 7 / 2010
O festival celebrarase na Coruña do 9 ao 15 de agosto
Barcelona despois da festa
Publicado o 5 / 5 / 2010
Menos novidades editoriais e a ausencia dun posto de venda marcan a presenza galega no XXVIII Saló del Còmic
A historia da Banda Deseñada galega
Publicado o 19 / 4 / 2010
30 anos de intentos
Dámosche todas as claves para te orientar no proceloso mundo da BD galega
Publicado o 13 / 4 / 2010
ABC BD : Manual Básico de Banda Deseñada
A edición galega de Stratos, de Miguelanxo Prado, xa ten data
Publicado o 17 / 3 / 2010
El Patito Editorial presentará o día do libro As dúas viaxes de Xaquín Marín
Xa está na rúa o volume De sangre y ron, mi Cuba, de Fran Jaraba
Publicado o 15 / 3 / 2010
El Patito anuncia á súa vez a creación da colección Universo Galimatías

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org