Destacado autor que desenvolveu a súa actividade entre finais dos anos setenta e a década dos oitenta. Ten colaborado en numerosísimas publicacións como "A Ameixa Cacofónica", "A Nosa Terra", "Área Crítica", "Can sen Dono", "Coordenadas", "Crash", "Follas Secas", "Frente Comixario", "La Voz de Galicia", "Luzes", "Xerme" e "Xo!".
Palmarés
Gañou o primeiro certame de cómic "O Facho". Quedou en segundo lugar no "I Concurso de cómics Casa da Xuventude de Ourense" (1985) coa historia "A vinganza". Tamén foi galardoado co premio "Curuxa de Humor" polo Museo do Humor de Fene en 1988.