» banda deseñada »  autores
santygutierrez2.jpgGutiérrez Gómez, Santiago
Vigo (Pontevedra)  1971   
Enderezo electrónico: santygutierrez@mundo-r.com



Santy Gutiérrez
Debuxante
Realizou a serie "Yeti e Ralf" para a revista infantil-xuvenil Mister K sumando un total de 75 páxinas de cómic, ademais de 38 páxinas extra para case outros tantos especiais, dez páxinas dobres de pasatempos, catro portadas da publicación e unha portadiña. Entre viñetas de humor gráfico e ilustracións para prensa, suplementos e libros, ten publicado máis de seis mil debuxos e novecentas caricaturas. Traballou para El Correo Gallego e La Voz de Galicia e ilustrou libros de texto e infantís. Conta con material en exposición e catálogo no Museo do Humor de Fene, na Fundación de Humor Gráfico da Universidade de Alcalá de Henares e na Bienal de Caricatura de Ourense. Ten desenvolvido story-boards para publicidade de TV e participou nos proxectos de cómic “BD Banda”, “H2Oil” e puntualmente no “Barsowia”. Actualmente traballa para La Opinión de A Coruña, El Progreso de Lugo, Atlántico diario (Vigo) e La Región (Ourense). Publicou a finais de 2006 o seu primeiro recopilatorio de viñetas, "Santy Gutiérrez. Humor gráfico. Licencia para incordiar" do que se imprimiron 18.000 exemplares. É membro da directiva da AGPI e da FADIP.

Palmarés
Recibiu o primeiro premio J&B “Joven y Brillante” de Humor Gráfico en 2001. No mesmo concurso recibiu 2 accésits nacionais. Gañou o primeiro premio da Bienal de Caricatura de Ourense.
publicacións
Fanzine
Improv!!
Ilustrador,
Revista ou comic-book
La historia del soldado
Guionista, Debuxante, Entintador, Colorista,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Álbum
Trasmallo e a Santa Compaña
Ilustrador,
Álbum
H2Oil
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.1
Debuxante,


  Noticias relacionadas

'IlustraDots Vol.2' reúne a obra de 50 ilustradores actuais
Publicado o 18 / 5 / 2017
O segundo volume desta iniciativa da Revista Dot preséntase este sábado en Santiago
O catálogo de Libros infantís e xuvenís de Galicia 2017 reúne máis de 100 títulos
Publicado o 3 / 4 / 2017
A publicación representa a partir de hoxes as nosas letras na Feira de Boloña
Moito máis ca nomear a vida
Publicado o 21 / 11 / 2016
O novo número de Setestrelo celebra e explora a biodiversidade
O Concello da Coruña lanza unha guía profesional de ilustradores
Publicado o 22 / 1 / 2016
Coruña Gráfica recolle o traballo de 69 autores e autoras da cidade
BD: a nova xeración
Publicado o 27 / 4 / 2015
O nacemento de novas publicacións e colectivos reforza o panorama da novena arte galega
A editora 3 Pintamonas debuta con Abastos
Publicado o 23 / 3 / 2015
Saen á venda Destino Hërgüss e Altar Mutante 2
Marina Seoane é a nova presidenta dos ilustradores galegos
Publicado o 29 / 10 / 2013
A AGPI renovou a súa directiva no Econtro Galego de Ilustración

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org