Guía para reducir riscos no consumo de drogas inxectables. Un manual en forma de banda deseñada, de distribución gratuíta. O protagonista explica unha serie de hábitos de consumo que axudan a reducir os posibles danos, como por exemplo nunca compartir material para inxectarse droga, as zonas do corpo con especial risco neste hábito, etc.
A idea orixinal e dirección médica corresponde a César Pereiro Gómez, da Unidade Asistencial de Drogodependencias da Coruña (ACLAD). A dirección editorial é de Xosé Lorenzo Regal. Edita a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade (Xunta de Galicia).
FICHA TÉCNICA
Santiago de Compostela, 2005
Textos en Galego
Edición rematada
Periodicidade Única
Depósito legal: C-2297-05
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: Grampado, 18 x 25 cm, 24 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 0 euros
Tiraxe: 10000 exemplares
Distribución: Xunta de Galicia
Entidade:
Xunta de Galicia,
autores
Noticias relacionadas
O castelo das dúas rías
Publicado o 17 / 7 / 2023
Unha intervención arqueolóxica na fortificación de San Mamede apunta cara unha orixe altomedieval
As sorpresas do Leste
Publicado o 15 / 5 / 2023
A escavación no castro de Montes Claros (A Laracha) revela un peculiar sistema hidráulico