Inicio / opinión

Os 7 fantásticos por Fran Morell

Últimas columnas publicadas


3 / 7 / 2009
Os espartanos preparan unha nova carga. Mentres noutras publicacións de fin de semana só che falarán das estreas destes días, na crónica de Fran Morell poderás saber das estreas do ano que ven e seguintes. Adiántate e coñece o que se está a preparar no cine de terror, fantasía e ciencia ficción, na banda deseñada e na literatura de xénero fantástico.


26 / 6 / 2009
Jessica Alba engade ao seu currículo outra interpretación dun personaxe de banda deseñada; Natalie Portman tamén recunca no xénero fantástico cunha historia de aires sobrenaturais. Fran Morell tamén informa da lista de premiados nos os escuros premios Saturno, que concede a Academia de Cinema Fantástico e de Terror. Estas e outras noticias sobre a actualidade xo xénero fantástico, de terror e ciencia ficción.


19 / 6 / 2009
Os seguidores da saga cinematográfica d´O Señor dos Aneis están en hora boa porque algún dos actores máis carismáticos seguirán interpretando aos seus personaxes nas vindeiras películas de O Hobbit que prepara Guillermo del Toro. Tamén sabemos por Fran Morell quen levará a dirección da vindeira adaptación cinematográfica de Conan e que terá como referentes as ilustracións de Frank Frazetta e a película Apocalypto de Mel Gibson.


12 / 6 / 2009
O cine resucita en imaxe real unha das series de ciencia-ficción en debuxos animados máis antigas da TV. Os produtores da industria dos soños tamén botan man dos clásicos do xénero e mesmo Ridley Scott re-utilizará o universo que creou para Blade Runner en Purefold, unha serie de curtas para Internet. As principais noticias da fantasía e ciencia-ficción desta semana na crónica de Fran Morell.


5 / 6 / 2009
O lado máis nostálxico da fantasía e a ciencia-ficción asáltanos esta semana. Por unha banda coa despedida ao escritor David Eddings por parte dun entusiasta Fran Morell, e tamén coa tráxica desaparición do actor David Carradine. O lado bo da nostalxia chega coa recuperación da antiga serie literaria de CF Tom Swift, personaxe creado en 1910, e tamén co avance da produción do “remake” da película Curtocircuíto.


29 / 5 / 2009
As noticias de fantasía e ciencia-ficción que Fran Morell reúne desta semana avánzannos as vindeiras producións cinematográficas deste xénero, entre as que están unha nova versión de O voo do Navegante, outra de Buffy cazavampiros, o Doutor Who tamén chegará aos cines e mesmo que a moda hollywoodiense das “precuelas” chega á saga Tomb Raider ameazando con desprazar a Angelina Jolie do papel protagonista.


22 / 5 / 2009
A noticia que abre a crónica da semana é a aparición nas librarías americanas da banda deseñada que o coruñés Xurxo Penalta ven de facer para a Marvel. Pero tamén hai outras novidades como as novas producións de tv e cine sobre extraterrestres que están en preparación; o actor elixido para encarnar a Thor; unha adapatación conto de Brnacaneves nun contexto oriental con sete monxes ShaoLin como protagonistas e outras noticias no resumo semanal de Fran Morell.



Seguinte Última


Untitled Document
 
Información
Noticias
Reportaxes
Sala de Lectura
Catálogo
Autores
Publicacións
Entidades
Extras
Fondos de pantalla
Todos os extras
Outros
Historia
Suscríbete


Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org