Inicio / Noticias /

noticias
Noticias da 1 a 10 de 941
9 / 2 / 2010

Norberto Fernández asina capas para unha serie americana de BD

A editorial estadounidense Zenescope está a contar co traballo do vigués Norberto Fernández para ilustrar as capas de edicións limitadas de Grimm Fairy Tales. No seu traballo para esta serie, que reinterpreta contos clásicos, Fernández corre co lapis e o entintado das ilustracións, mentres a cor vai por conta da editora. Polo momento o galego asinou xa catro destas ilustracións
8 / 2 / 2010

David Buceta achega unha BD ao proxecto La taberna del escocés

La Canción triste de George MacNab é o título da BD de dez páxinas que o debuxante David Buceta acaba de publicar na rede. A historia, baseada nun relato de Juan Amorós, fai parte do proxecto multimedia La taberna del escocés, tamén dispoñible en liña. O autor adianta ademais a vindeira publicación do número 1 do fanzine Sinónimos de lucro, de cuxo equipo fai parte. Como novidades adianta que repiten na publicación a maior parte dos autores da anterior entrega, e que se incorporarn como membros fixos Ana Castiñeiras e Olalla Castro, mentres Jose Ángel Ares substitúe a Fran Freijanes na serie Beautiful Dead. En canto a contidos, a publicación achegará un especial sobre o Mundo de Beakman e outro sobre os Blues Brothers.
4 / 2 / 2010

A BD galega estará presente no I Salón do Cómic de Navarra

O galego David Prieto, Gochi, participará en calidade de especialista no ámbito no I Salón do Cómic de Navarra, que se celebrará entre o 8 e o 11 de abril en Pamplona. Canda a el, acudirá á feira Juan Carlos Sanmiguel, Sanmi, responsable da libraría Alita Cómics, convidado no mesmo apartado. Tamén participará como especialista Laureano Domínguez, actual director xefe da editora vasca Astiberri. Ademais, no Salón poderá verse a exposición Miña terra galega que estivo presente no último Saló del Còmic de Barcelona como parte da promoción que fixo a Consellaría de Cultura na nosa novena arte.
4 / 2 / 2010

As bibliotecas galegas incorporarán actividades de dinamización de BD

A Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura desenvolverá ao longo de 2010 diferentes actividades de dinamización arredor da banda deseñada na rede de bibliotecas de Galicia. Francisco López Rodríguez, responsable do departamento anunciou o desenvolvemento dun programa que pretende achegar exposicóns, obradoiros e outras actividades a estes centros con vistas a crear hábitos de lectura de BD, tanto na poboación infantil e xuvenil como na adulta. De xeito paralelo, Cultura anunciou que destinará 100.000 á adquisición específica de obras de BD galega para as bibliotecas, que se sumarán a outras partidas xa executadas para incorporar obras da novena arte aos centros de lectura. A maiores, o web da Biblioteca de Galicia acollerá unha sección dedicada á BD galega. Polo momento, están a itinerar por diferentes concellos do país as mostras Miña terra galega e Viñetas descubertas, que xa se puideran ver na última edición do Saló del Còmic de Barcelona. No encontro que mantivo onte con representantes do sector da BD, López Rodríguez reafirmou tamén o seu compromiso de que a novena arte do país estea presente en feiras internacionais e anunciou que o seu departamento traballa para modificar a polémica convocatoria de axudas á creación de banda deseñada.
3 / 2 / 2010

Ampla representación galega nos premios Entrecomics ao mellor de 2009

Xa se coñecen os resultados das votacións que convocou o popular web Entrecomics para escoller as mellores obras de 2009. Entre os seleccionados, atópase unha ampla representación galega. Nese sentido, destaca que as tres obras gañadoras na categoría Mellor cómic nacional editado nunha lingua distinta do castelán son do noso país. O último número de Barsowia, Os lobos de Moeche e Centoloman foron os títulos seleccionados polos lectores neste campo. Canda isto, tamén atopamos Centoloman no primeiro posto dos Premios Josep Coll ás obras que pasaron máis desapercibidas empatada con El corazón de los árboles editado por Polaqia, sendo seleccionadas entre 100 propostas. En canto á Mellor reedición de material nacional atopamos o Peter Petrake de El Patito Editorial nun segundo posto ex-aequo, mentres a recompilación do fanzine Enfermo colleitou o terceiro. Á hora de escoller a mellor BD estatal, atopamos nun quinto posto As serpes cegas, editada por BD Banda, e no noveno o xa mentado El corazón de los arboles.
3 / 2 / 2010

Cultura estuda modificar as axudas á creación de banda deseñada

A Dirección Xeral de Promoción e Difusión de Cultura está a traballar para modificar as polémicas axudas á creación de banda deseñada. No transcurso dunha xuntanza mantida con diferentes representantes do sector esta mañá, Francisco López Rodríguez, responsable do departamento, anunciou a súa intención de mudar o artigo 3 da convocatoria. Este punto era un dos máis polémicos ao establecer unha serie de titulacións necesarias para se apresentar, o que deixa fóra moitos dos creadores do país. Segundo asegurou López Rodríguez, a modificación pretende axustar o texto á realidade do sector. No caso de se aprobar esta mudanza, o prazo de presentación de proxectos comezaría de novo a partir da publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia. Precisamente a Asociación Cultural BD Banda publicaba recentemente no seu web un comunicado a criticar as bases da convocatoria de axudas.
28 / 1 / 2010

A BD galega non está no festival de Angoulême este ano

Logo de dous anos de presenza con apoio oficial, a banda deseñada galega estará ausente da edición 2010 do Festival de BD de Angoulême, considerado o máis importante de Europa. A Consellaría de Cultura sinala que "non se solicitaron axudas" por parte do sector para acudir a este evento. No entanto, a presenza nesta feira fora anunciada por este departamento no marco das actividades do Ano do Libro e da Lectura. Ademais, o propio director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez, mentaba o pasado día 25 este festival entre as citas coas que pretendía promocionar internacionalmente a BD feita no noso país. De xeito privado, vai acudir ao evento a El Patito Editorial, que agarda fechar alí os acordos para publicar na nosa lingua a serie Le manoir des murmures, debuxada por Tirso Cons e con cor de Javi Montes. Ao tempo, os responsables da firma, Fausto Isorna e Gemma Sesar, pretenden negociar a venda de dereitos de obras do seu catálogo para o exterior.
27 / 1 / 2010

Ampla presenza galega nas votacións aos premios Entrecómics

As candidaturas aos premios que decidiu convocar o web Entrecomics para seleccionar as mellores BDs de 2009 están a contar cunha ampla presenza galega. As votacións pódense enviar por correo electrónico ata o vindeiro 31 de xaneiro, sen que existan listas previas de obras. Deste xeito, atopamos entre as propostas xa votadas obras coma As serpes cegas, Harry Pórrez, Barsowia ou varias das columnas dos colaboradores do noso soportal Banda Deseñada. Entre todos os participantes sortearanse lotes de BDs entre os que están varias das editoras galegas Demo e El Patito.
26 / 1 / 2010

David Rubín publicará El héroe con Astiberri en 2010

Unha historia de entre 300 e 400 páxinas, a xeito de novela río, que revisa o mito de Heracles e o aproveita para desenvolver unha trama alén deste personaxe. Este é o grande proxecto de David Rubín para 2010, segundo adiantou a editorial Astiberri no seu catálogo de novidades. Segundo adianta o autor, El Héroe, que se publicará a cor, ten o guión rematado e aproximadamente un terzo das súas páxinas xa listo, e sairá publicada a finais deste ano.
26 / 1 / 2010

Polaqia e AGPI publican as súas opinións sobre as axudas á BD da Xunta

O colectivo de autores Polaqia publicaba esta mañá unha carta aberta na que denuncia a convocatoria de axudas á creación de banda deseñada. O texto apunta a exclusión de moitos dos creadores galegos neste campo pola esixencia de titulación para acceder ás axudas. Ao tempo, tamén lamenta o escaso prazo para se presentar e a necesidade de xustificar os gastos de creación. Pola súa banda a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración publicou esta tarde un comunicado propio sobre esta cuestión. Neste sentido, o presidente da AGPI, Santy Gutiérrez, desmintiu a existencia de consenso co sector á hora de elaborar a convocatoria. "A Asociación non tivo coñecemento previo das bases e non se lle deu o visto bo nin se chegou a ningún consenso sobre as mesmas porque non tivo acceso a ese texto", lembra. "Dáse a entender que houbo unha negociación cando só se fixeron un par de consultas sobre a cuestión, sen que se dese proceso nengún". Encol do formato da convocatoria advirte que "nós sempre pensamos que se estaba a tratar de bolsas e non de axudas" e que as titulacións "farían parte dos criterios de valoración e non serían condicións previas para se poder presentar".
Seguinte Última
 
Hemeroteca
2009 | 123 noticias
2008 | 208 noticias
2007 | 190 noticias
2006 | 132 noticias
2005 | 79 noticias
2004 | 41 noticias
2003 | 27 noticias
2002 | 46 noticias
2001 | 30 noticias
2000 | 1 noticias
RSS rss sindicanos

Untitled Document
 
Información
Noticias
Reportaxes
Sala de Lectura
Catálogo
Autores
Publicacións
Entidades
Extras
Fondos de pantalla
Todos os extras
Outros
Historia
Suscríbete


Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org