|
Xurxo Mariño, científico e profesor da Universidade da Coruña, escribe en culturagalega.org dende o 2003 "Os dados do reloxeiro", artigos quincenais de divulgación científica. Actualidade, humor e a atención ás grandes cuestións da ciencia do noso tempo son algunhas das claves das columnas de Xurxo.
Agora, en compañía das ilustracións cómicas de Xosé Lois, "O Carrabouxo", un dos humoristas máis coñecidos de Galicia, as columnas de "Os dados do reloxeiro" aparecen agora en formato libro. A inciiativa, da Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega e a Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia permite dispór destas columnas como un magnífico material de traballo para os profesores e alumnos de Secundaria e como un excelente punto de partida para o público que desexe coñecer a actualidade internacional da ciencia. |