culturagalega.org

Mostra Internacional de Teatro de Rivadavia
feira de teatro 2008
inicio / buscador/
O Padroado do Parque das Illas Atlánticas quere reducir á metade o número de prazas de camping
MEDIO, | 26/11/2009
Ata hai ben pouco, acampar nas Cíes era unha aventura cotiá, pouco reglada e case improvisada. Hoxe, existen 800 prazas pero o padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) quere reducilas á metade (a 400). Así o establece o borrador, segundo publica hoxe Faro de Vigo. O que é seguro é que a vindeira semana se reúne o padroado e na orde do día figura que se lle entregarán aos seus membros, o documento que contén o Plan Rector de Uso e Gestión (PRUG) que constituirá a norma básica fundamental para a xestión do Parque. Segundo o xornal vigués, o ´borrador tamén contempla reducir 700 visitarias diarias, co que o número de persoa que puideran visitar Cíes quedaría nun máximo de 1.500 diarios, en temporada alta, e 300 no resto do ano.
Moito máis que unha operación financeira (I)
SOCIEDADE, POLíTICAS CULTURAIS, | 23/11/2009
Son o sustento de numerosas actividades culturais, de maior ou menor magnitude do noso país. Entre Caixanova e Caixa Galicia supoñen máis da metade do orzamento anual da Consellaría de Cultura e, para moitas entidades, unha vía de financiamento das actividades culturais que se fan no país. Por iso, resulta especialmente decisivo o que aconteza entre estas entidades para o sector cultural. Unha actividade que se iniciou hai dúas décadas con luces e sombras.
A maior gaivota de Europa aniña na illa de Sálvora
MEDIO AMBIENTE | 23/5/2008
A aparición na Illa de Sálvora de dous exemplares de Larus Marinus, a maior gaivota de Europa, sorprendeu os biólogos. A parella desta especie, que ata o de agora só se localizara na Mariña Lucense, está a criar neste espazo do Parque Nacional Illas Atlánticas, e confirma a expansión destas gaivotas á Península.
A Illa de Sálvora ábrese ao publico logo de 54 anos
MEDIO AMBIENTE | 14/4/2008
Parques Nacionais permite desde hai uns días a visita á Illa de Sálvora a través dos servizos de dúas empresas de turismo marítimo. A entidade outorgou tamén permisos a outras catro firmas para que poidan organizar visitas ao espazo. A maiores, está previsto que 2.200 estudantes se acheguen en excursións organizadas á illa ata fin de curso. Sálvora estivera fechada ao público desde había 54 anos.
A Xunta fai un catálogo das illas coa intención de incorporalas ao seu patrimonio
MEDIO AMBIENTE | 17/12/2007
Nas costas galegas hai 316 illas. Algunhas delas con valor medioambiental pola súa paisaxe, fauna e flora. Non todas elas pertencen ao patrimonio do país, por iso a Xunta acaba de iniciar a elaboración dun catálogo de “uso interno”, tal e como revela o “Faro de Vigo”, para describir a súa titularidade e a súa situación. A noticia chega despois de que a Xunta comprase Cortegada, da transferencia do Parque das Illas Atlánticas a Galicia e de que, en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente, se exercera o dereito de tanteo sobre a illa de Sálvora.

Máis información no Faro de Vigo e na nosa hemeroteca sobre Sálvora e Cortegada

Medio Ambiente faise coa Illa de Sálvora por 8,5 millóns
MEDIO AMBIENTE | 25/10/2007
O prezo da Illa de Sálvora quedou finalmente en 8,5 millóns. O Ministerio de Medio Ambiente comproulle este espazo natural a Caixa Galicia polo mesmo prezo que esta entidade o adquirira o pasado mes de marzo. Agora, a Dirección Xeral de Costas anunciou que está a traballar nun plan de Xestións para garantir a protección da illa.

Máis información en Galicia Hoxe, en Vieiros e nos nosos arquivos

Incrementa o número de visitas do Parque Nacional das Illas Atlánticas
MEDIO AMBIENTE | 11/10/2007
23.939 visitantes. Esta é a cifra das persoas que foron a Cíes, Ons e Sálvora, ou o que é o mesmo, o Parque Nacional das Illas Atlánticas neste ano. Son 20.000 máis quen o ano 2006 e teñen especial relevancia polo mal tempo que tivo lugar este verán, segundo explicou o director do Parque, José Antonio Fernández. Das tres illas que compoñen o Parque, Cíes voi a máis visitada con 158.167 persoas.

Máis información no Faro de Vigo

Medio Ambiente negocia incorporar as Sisargas e Tambo ao Parque Illas Atlánticas
MEDIO AMBIENTE | 12/9/2007
Logo da adquisición de Sálvora e Cortega, o Parque Nacional Illas Atlánticas podería medrar, cumprindo as reclamacións de diferentes grupos ecoloxistas. Segundo anunciou onte o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, o seu departamento abrirá en breve contactos para lograr a adquisición e integración neste espazo das illas Sisargas, mentres o Ministerio xa comezou negociacións para que Tambo se sume a este parque.

Máis información en Galicia Hoxe, no Faro de Vigo, La Voz de Galicia, e nos nosos arquivos

O Ministerio de Medio Ambiente pecha a merca de Sálvora
MEDIO AMBIENTE | 11/9/2007
Finalmente non será Caixa Galicia. O Ministerio de Medio Ambiente exerceu o seu dereito de retracto e pechará este mesmo mes a adquisición da Illa de Sálvora para incorporala ao Parque Nacional Illas Atlánticas. O prezo final será de 8,5 millóns de euros, segundo anunciou este departamento. Ao tempo, diferentes colectivos ecoloxistas presentaban onte na Xunta 21.000 sinaturas reclamando que o Courel pase a ser un parque natural.

Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos sobre Sálvora

O Ministerio de Medio Ambiente quere adquirir Sálvora para o Parque Illas Atlánticas
MEDIO AMBIENTE | 21/6/2007
Despois de que a mercase Caixa Galicia, o Ministerio de Medio Ambiente anunciaba onte que está disposto a exercer os seus dereitos para se facer coa propiedade de Sálvora. O conselleiro de Medio Ambiente entrevistarase esta semana con representantes da caixa para negociar que manteña os seus proxectos de investigación e protección ambiental pero cedendo a propiedade da illa.

Máis información en El Correo Gallego, en El País, no Faro de Vigo e nos nosos arquivos,

Caixa Galicia destina 40 millóns para o Fondo Natural co que mercará espazos privados de gran valor ecolóxico
MEDIO AMBIENTE | 11/6/2007
Hai uns meses, cando a Fundación Caixa Galicia mercou a Illa de Sálvora por oito millóns de euros, anunciou a creación dun Fondo Natural. Agora, na asemblea xeral da entidade financeira acordaron destinar 40 millóns de euros para mercar illas lagoas, bosques e calquera paisaxe natural para ese Fondo. Paralelamente, A reserva Mariña de Interese Pesqueiro “Os Miñarzos” de Lira acaba de dar un paso máis na súa constitución. Esta fin de semana creose o órgano xestor que dirixirá a reserva e que se porá en funcionamento o vindeiro mes de agosto.

Máis información sobre o Fondo Natural de Caixa Galicia no seu web, en El País e na nosa hemeroteca e sobre a reserva “Os Miñarzos” de Lira en El Correo Gallego e nos nosos arquivos

Diferentes arqueólogos investigarán os restos mergullados no contorno das Illas Cíes
HISTORIA | 30/4/2007
Os responsables do Parque Nacional das Illas Atlánticas encargáronlle á empresa Archeonáutica a investigación dos pecios no contorno das Cíes. Vinte barcos afundidos localizados nesta área serán investigados coa intención de os poñer en valor e os protexer. Segundo adiantou a dirección no parque, está previsto que no futuro a investigación continúe nos fondos das illas de Sálvora e de Ons.

Máis información no Faro de Vigo; máis sobre arqueoloxía mergullada nos nosos arquivos

A Xunta inicia este venres o proceso de expropiación da Illa de Cortegada
MEDIO AMBIENTE | 17/4/2007
Despois da compra de Sálvora por Caixa Galicia, o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia volve ser nova. Esta vez pola Illa de Cortegada, xa que a Xunta inicia o proceso de expropiación. A actual propietaria, a empresa Inmobiliaria Cortegada S.A, non respondeu a ningunha das notificacións e requerimentos do proceso expropiatorio iniciado pola Xunta. Finalizado o prazo, a Consellaría de Medio Ambiente poñerase en contaco co xulgado provincial de expropiacións que fixará a cantidade a pagar pola Administración, que permitirá ocupar a illa e contiuar co proceso.

Máis información no Diario de Ferrol e sobre a illa na nosa hemeroteca

A Xunta analiza a adquisición de Sálvora e presenta o Centro de Interpretación da Natureza en Ourense
SOCIEDADE | 30/3/2007
A Illa de Sálvora, recentemente adquirida por Caixa Galicia, manterase dentro do Parque das Illas Atlánticas, que terá "unicidade integral", segundo explicou onte o Presidente Touriño. Ao tempo, aseguraba que o Goberno Autonómico e o Central están a estudar o proceso de adquisición da Illa. Paralelamente, a Xunta presentaba o Centro de Interpretación dos Parques Naturais. Este complexo, que se construirá en Ourense, contará con oito salas nas que se explicarán outros tantos ecosistemas, e quere servir como porta de entrada aos espazos naturais protexidos que se reparten polo país.

Máis información en El País, en web de Medio Ambiente, en La Voz de Galicia web da USC; máis sobre parques nos nosos arquivos

Colectivos ecoloxistas reclámanlle á Xunta que exerza o seu dereito a adquirir a Illa de Sálvora
MEDIO AMBIENTE | 28/3/2007
A merca da Illa de Sálvora por Caixa Galicia, que quere desenvolver nela proxectos de protección do medio, está a provocar duras reaccións nos colectivos ecoloxistas galegos. Verdegaia, ADEGA e a Fundación Germán Estévez reclamáronlle á Xunta que exerza o seu dereito de retracto, que lle permitiría adquirir a Illa polo mesmo prezo que pagou a entidade financeira. Estes colectivos denuncian que o espazo, integrado no Parque Nacional Illas Atlánticas, debe estar en mans públicas.

Máis información en Vieiros, en La Opinión e no noso tema sobre a adquisición

Caixa Galicia inicia a creación do seu fondo natural coa compra do arquipélago de Sálvora
MEDIO AMBIENTE | 26/3/2007
Desde 1978 só habitan nela un pazo, unha capela, un faro, un peirao e a estatua dunha serea, pero Sálvora reaparece, desde esta fin de semana, como unha illa nova. A súa venda non é mais que o punto de inicio do Fondo Natural da Obra Social de Caixa Galicia. Un proxecto para a intervención e a preservación medioambiental que promove esta entidade financeira e no que investirá 40 millóns de euros. Un modelo de xestión e conservación ambiental que se estenderá a outros espazos naturais.
Caixa Galicia compra a illa de Sálvora co obxectivo de desenvolver un proxecto ambiental
MEDIO AMBIENTE | 23/3/2007
José Luis Méndez, director xeral de Caixa Galicia e Francisco de Borja Otero Zuleta de Reales, marqués de Revilla asinaron hoxe un documento de compraventa polo que a illa de Sálvora pasa a mans da entidade financeira. Unha operación que tivo un importe de 8.5 millóns de euros e permitirá poñer en marcha un proxecto ambiental que atendería tres aspectos: investigación, divulgación e educación ambiental. Deste xeito conclúe a venda dunha illa na que estiveron interesadas empresas de Santiago, Madrid e Barcelona, que chegaron a ofrecer ata 3.6 millóns de euros. A illa fai parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Máis información no web La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Opinión e El País

Medio Ambiente proporá Vigo como sede do Parque Illas Atlánticas mentres tenta acelerar o traspaso
MEDIO AMBIENTE | 12/9/2005
Desde que Cíes, Ons e Sálvora se converteron no décimo terceiro parque nacional do Estado, falouse moito do emprazamento da súa sede. Logo de ter anunciado ese espazo para Pontevedra e para Bueu, a Consellaría de Medio Ambiente anunciou que pretende que a sede teña lugar en Vigo. Ademais, estes días está a realizar xestións para acelerar o traspaso de competencias.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

O Concello de Vigo non terá Centro de Visitantes do Parque Nacional ao non solicitalo a tempo
SOCIEDADE | 5/5/2004
Todos os que se acheguen até Cangas, Bueu, Aguiño e Vilagarcía poderán coñecer o contido do Parque Nacional das Illas Atlánticas sen achegarse ás Cíes, Ons e Sálvora. Isto é posíbel grazas aos Centros de Visitantes que o Ministerio de Medio Ambiente constrúe e xestiona nos concellos circundantes que o soliciten. Un espazo que funciona como aulas de natureza con módulos virtuais para dar a coñecer o territorio. No caso galego, o único concello que non o solicitou, segundo publica hoxe o Faro de Vigo, é o de Vigo, que se queda fóra desta medida para a que só debía achegar o terreo.

Máis información no Faro de Vigo e sobre o parque no noso especial

170.000 persoas visitaron o parque nacional das Illas Atlánticas no seu primeiro ano de existencia
MEDIO AMBIENTE | 8/3/2004
O Ministerio de Medio Ambiente acaba de facilitar os datos de visitas dos Parques Nacionais no último ano. O formado polas illas Cíes , Ons, Sálvora e Cortegada, coñecido como Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, recibiu no último ano 170.841 visitas. Un feito que o converte no quinto máis visitado, tendo en conta que o espazo non está aberto ao público todos os días do ano.

Máis información na edición do sábado 6 do Faro de Vigo e na hemeroteca deCulturagalega.org

Actualidade da feira

Feira Galega das Artes Escénicas 2008- Actualidade
Medra a contratación de espectáculos no marco da Feira das Artes Escénicas
Feira Galega das Artes Escénicas 2008- Actualidade
Profesionais da danza avogan pola coordinación dos espazos escénicos para incrementar a súa presenza
Feira Galega das Artes Escénicas 2008- Actualidade
Arrinca a edición da Feira Galega das Artes Escénicas que pon o énfase na danza
Feira Galega das Artes Escénicas 2008- Actualidade
Neira Cruz gaña o Barriga Verde mentres que Teresa González faise co Álvaro Cunqueiro e co Manuel María
Feira Galega das Artes Escénicas 2008- Actualidade
A feira busca fórmulas para achegar as artes escénicas á cidadanía
LG3 | Publicacions A luz da eclipse
LG3 | Empresas Edicións Sálvora
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
25 Aniversario do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org