culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

Experiencias estéticas e tinta china

A mostra Gao Xingjian no Museo de Belas Artes da Coruña quedou presa nos ollos. As súas poesías visuais emocionaron á filósofa Verónica Cernadas nesta reflexión sobre a obra dun pintor descoñecido, dun escritor intimista.

Atrapade o mensaxeiro
11 / 11 / 2004
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Atoparse ante as pinturas de Gao Xingjian nunha sala branca e silenciosa é unha experiencia sobrecolledora. Despois de miralas unha a unha, senteime a observalas no banco central da sala e tiven unha insólita experiencia estética. As pinturas gritábanme en silencio, disputándose a miña atención; cheguei a oír e ver lamentos, murmuros e bágoas que caían amodiño, sorrisos case imperceptibles e olladas penetrantes e quedas. Isto foi especialmente incrible porque non hai un só ollo nin unha sóa boca nas obras de Gao Xingjian.


Os traballos deste artista, como di Cristina Carrillo Albornoz, son “visións e paisaxes interiores”. Gao Xingjian quere pintar a respiración, a alucinación, a lembranza e a serenidade, pero tamén pinta cousas e sucesos concretos como mulleres desnudas, sombras ou eclipses.



A pintura intensa

As pinturas que abordan o mundo feminino —un tema recurrente en Gao Xingjian— faino, sen embargo, de xeito diferente. Os dous primeiros anos (1964-1978) preséntanos mulleres indefensas e sufrintes, e os seus corpos espidos son algo máis ca un obxecto estético ou de desexo; en cambio “Les flammes” (1991) e “La transparence” (2000) semellan dicir: existen as mulleres, eu coñézoas con esta precisión, e iso prodúceme unha enorme felicidade.


A pesar de que a súa pintura está influenciada polo budismo zen, que non coñece as grandes paixóns e que aspira ó equilibrio espiritual, éstas últimas obras e alguna outra como “Le regard”, suxiren unha axitación e unha emoción intensas. Esta obra lémbranos un deses cadros románticos do XIX, cunha figura solitaria ante a natureza impoñente, a cal pode ser tranquilizadora para Gao Xingjian, pero tamén inquedante e temible. Outras obras como “La serenité”, “La respiration” o “L’emerveillement” sí transmiten paz e equilibrio.


Os títulos son moi suxestivos, incluso esclarecedores e contribúen á comprensión dalgunhas pinturas que, a primeira vista poden parecer algo crípticas, como “L’hallucination” ou “L’univers sauvage”. Claro está que isto tamén limita en certo xeito a nosa imaxinación, e así vemos o que Gao Xingjian quere que vexamos; ou quizais a súa forma tan precisa e casi poética de titular as súas pinturas resposta tan só a que non pode separar totalmente as súas facetas de pintor e escritor, esta última aparecéselle tamén cando emprega os pinceis e a tinta.



A escritura pintada

A súa última novela, "El libro de un hombre solo", pódese ler o seguinte: “Un home é realmente pouca cousa, o único que pode facer é expresarse, nada máis”. Despois destas palabras o que sorprende non é que destaque en dúas disciplinas tan dispares como a pintura e a literatura, senón quen non o faga tamén na música, o cineme ou calquera outra disciplina, pois a súa necesidade de expresión e o seu impulso creativo son enormes.


Para os que o coñecen como escritor e non estén tan habituados ás artes plásticas como á literatura, facerlles saber que as pinturas de Gao Xingjian din tanto del como un libro de cincocentas páxinas. Din o que pasa polo seu interior, e faino pouco a pouco pero tamén contundentemente, murmúrranche ó oído, se te achegas a elas, e grítanche se te alonxas, non permiten que pases a túa mirada sobre o papel sen deterte a descifrar a súa mensaxe ou polo menos, intentalo. Mensaxes que non son claros nin directos, senón susceptibles de múltiples interpretacións, como é o mundo e os seres que o habitan.

Artigos anteriores :

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org