Baseado nos cambios que supón a evolución xeracional dos emigrados entre Galicia e Latinoamérica Andaina é unha viaxe no tempo sobre as raíces galegas, nas que o jazz é o vehículo e as melodías son os seus viaxeiros. O disco conta coa colaboración puntual de dous artistas invitados de recoñecido prestixio, o guitarrista flamenco-galego Cuchús Pimentel e a flamante voz galega de Maite Dono, que sen dúbida aportan un sentido e unha sonoridade relevante á globalidade do traballo.
Da colaboración entre Resonet, Pedras de Santiago e Ouvirmos nace este CD de cantigas populares de Nadal. “Canto de Nadal” componse de seis pezas procedentes do ámbito da música popular galega, arranxadas para voz e acompañamento de guitarra barroca ou de tiorba e percusión. A voz pona Mercedes Hernández, recoñecida soprano do ámbito europeo da Música Antiga. Os instrumentos antigos de corda pulsada tócaos Fernando Reyes. Acompáñanos ás percusións Trinidad de Miguel e Richard Rivera.
eROCKtile dysFUNKtion SOULutions (CD+DVD) de Moon Cresta
Primeira aventura discográfica da banda viguesa de power & funk, estilo que recupera os son do rock e funk dos 70. Toda una declaración de intencións nunha presentación que ofrece ademais dun álbum de dez temas cheos de enerxía, un DVD cun precioso concerto acústico de dez temas e un vídeo clip.
A presente compilación contén as gravacións realizadas pola coral De Ruada en discos de pasta de 78 r.p.m. que foron comercializadas por Regal en 1929 (temas 1-15) e Columbia 1950 (16-21). Nas primeiras destaca un grupo dunha selección das cancións galegas de autor que integraban o repertorio habitual dos coros galegos, tanto en Galicia como na emigración. Época do coro, baixo a dirección de Daniel González.
Este traballo foi gravado ó longo do ano 2.006, e supón un paso adiante no andar de esta formación. 11 pezas conforman o traballo, onde se nota unha evolución lóxica do grupo, aínda que sen perder ese toque de frescura e de festa que caracteriza a Lume.
Pincha para ampliar>>>
From Russia to Brazilde Patrice Jegou e Cristina Pato
A mezzo soprano canadense Patrice Jegou e a música galega Cristina Pato ao piano presentan neste disco un programa de concerto pouco habitual no que se poden escoitar as obras de grandes compositores da historia da música do século XX: Shostakovich, Ginastera, Braga e Montsalvatge, unidos neste recital mediante o fío condutor da música popular.
Grupo formado por tres dos músicos máis relevantes da nova escena galega: Abe Rábade, Guadi Galego (Berrogüetto, Espido) e Ugia Pedreira (Chouteira, Marful). Neste proxecto as voces de Guadi Galego e Ugía Pedreira, modelan o repertorio mariñeiro do Norte, achegándose á súa infancia, á música popular que lle transmitiron os seus pais, xuntándoa coas súas propias composicións que tamén miran ao mar. Todo vai envolto coas harmonías contemporáneas, a elegancia e o talento dun dos mellores músicos de jazz da península, o santiagués Abe Rábade.
Pincha para ampliar>>> fotografía: xulio villarino
Video: "Nordestin@s"
O Barbeiro de Sevilla (Libro - CD)de Gioachinno Rossini Máis información
A adaptación do libreto da ópera bufa de Rossini, unha das máis famosas deste xénero, acompáñase dun disco con fragmentos da composición a cargo da Orquestra Sinfónica de Sofía e o Coro do Teatro Lírico de Milán Marco Armiliato, que acompañan musicalmente a lectura da obra.
O libro, de 64 páxinas inclúe fotos e textos que documentan os diferentes movementos culturais e tradicionais do Nadal en Galicia. O CD ten 12 cancións tradicionais e de recente composición interpretadas por músicos e artistas do actual panorama musical galego. O CD ten ademais unha pista interactiva en HTML con información (letras, partituras, documentación extra...) e xogos instrutivos musicais en Flash (animación informática). O DVD inclúe MAKING OF (ou “como se fixo...”), un documental, e un vídeo clip.
Doce temas que animan a mover os pés, vestidos de samba e jazz. Un disco que afonda nas influencias máis cálidas da banda. Coa única pretensión de divertir e sempre na procura do “groove” e fuxindo da pureza, a nova singradura destes tres coruñeses discorre por roteiros aperturistas e fusionadores nos que o funk, o jazz e a música brasileira modelan o son cara ao que se podería definir como funk-rock.
Pincha para ampliar>>>
Solaina (Libro - CD)de Na Virada Tema 01: Coplas sociais
Tema 02: O can de Quin Máis información
Novo traballo do grupo Na Virada que contén doce temas inspirados en letras populares e de autores galegos, portugueses e brasileiros. Pensado para todos os públicos, non só o infantil, destaca o carácter lúdico, pedagóxico e educativo das composicións, a variedade instrumental, as ambientacións sonoras e a variedade de ritmos que contén o disco.
Non é pop, nin rock, nin jazz, nin blues, nin bossa, nin folk. Pero, sen dúbida, o novo disco de Mugardos recolle algo de todos eses estilos. O compositor presenta o seu cuarto traballo, “Un Feixe”, dez cancións que falan de amor e xustiza e que constitúen a súa proposta máis serena. Dende a composición ata a produción, Xavier Mugardos ocupouse de todos os procesos de elaboración.
O dúo formado por Dani Bellón e Diego Maceiras conta co recoñecemento de crítica e público, abalado por unha colleita de premios entre os que O Primeiro Premio do Certame Folk, de Radio Obradoiro e o Primeiro Premio do Concurso Runas, no Festival do Mundo Celta de Ortigueira. Nesta ocasión quixeron contar coa colaboración de artistas e amigos, como a guitarra de Alex Blanco ou Xabier Díaz que presta a súa voz e as percusións de Xosé Lois Romero, que se puxeron nas súas mans para redondear un disco fresco e cheo de matices.