|
|
Avilés de Taramancos:
un dos primeiros autores aos que se lle adica o Día
das Letras Galegas que foi moi próximo a nós.
O poeta, o taberneiro, o emigrante, o aventureiro. Avilés é un
exemplo da literatura mestiza, de aquela na que fala de que “nunca
regresa o home ao mesmo sitio...”.
Neste especial quixemos pór
na rede interesantes materiais sobre o homenaxeado, pero tamén
aproveitamos para preguntarnos sobre os outros, sobre como é vista
a literatura galega no exterior. Para iso, botamos man duns singulares
intermediarios: os traductores de galego a linguas tan diferentes
coma o inglés, o ruso ou o euskera. Coñecerás
catro historias, catro xeitos de establecer contactos entre dúas
culturas e mundos distantes. E acompañámolo cunha
importante edición electrónica dun volume inédito
ata o momento: poderás descargar en exclusiva o primeiro
catálogo de autores en lingua galega traducidos a outros
idiomas.
 |
Aviles,
o seu perfil
Accede á obra,
escóitao, descarga libros e música sobre
el. A nosa particular homenaxe ó poeta noiés. |
 |
CD. "Cantos
caucanos"
disco de Rodrigo Romaní
Rodrigo Romaní, músico, compositor e amigo
persoal de Avilés de Taramancos, acaba de presentar un disco en que
se mesturan as paisaxes sonoras de Noia elaboradas por el mesmo cos
textos do poeta. En palabras de Romaní: "Tes ante ti unha obra feita
coa esperanza de provocar a relectura dos textos de Avilés de Taramancos
dende un punto de vista musical e axudar a apreciar as palabras dun
mestre da imaxe, do xogo poético, das emocións". Ofrecémosche catro
mp3. |
 |
CD+libro.
Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos
O Consello
da Cultura Galega, a través do Arquivo
Sonoro de Galicia, preparou unha edición
especial da súa colección "As nosas voces",
recollendo o alento persoal de Avilés a
través da recuperación de gravacións persoais
do autor e de entrevistas radiofónicas.
Descarga o libro e mais as pistas do disco. |
|
|
|
Elixir
un nome
Coñece o procedemento
polo que a Real Academia escolle os homenaxeados
no Día das Letras. |
As
orixes
Coñece o principio
da celebración e a lista de homenaxeados ata
hoxe |
El é un veleiro
Conta Anxo Quintela que, cando representaron "A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos" en Noia, a pel púxoselles de galiña e a voz quebrou o aire. Conta Lola Arxóns que esta semana, o biorritmo anda un pouco alterado por mor dos actos e que o corazón navega magoado polos recordos. Contan Sofía e Lois que estes días os amigos son máis amigos ca nunca e que se senten un pouco desbordados ante tanto cariño popular. Conta Xosé Agrelo, entre risos, unha ducia de anécdotas do Avilés máis trasno da Coruña. A presencia do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2003 resulta case tanxible e, por iso, este 17 de maio é o máis emotivo dos últimos anos. Velaquí o gran mérito da súa obra viva. |
|
|
|
|