A prueba de balas (fz) :::

Antes de sair en formato comic-book baixo o selo de Polaqia, a serie de Emma Ríos Maneiro "A prueba de balas" viu a luz en forma de fanzine fotocopiado A5 con dous números en branco e negro, o cero (agosto 2001) e o un (agosto 2002). Posteriormente, o número 1 sería publicado como a primeira metade do APB#1 (Polaqia, agosto 2003). O primeiro fanzine contiña dez páxinas de BD e ilustracións diversas. O segundo, 24 páxinas de cómic. Os PVPs foron: nº0, 125 pts; nº1, 1€.
"A prueba de balas" é un cómic de acción futurista a medio camiño entre o xénero negro e a ciencia ficción, cun estilo que se podería encadrar no "amerimanga", mostrando influencias tanto xaponesas como estadounidenses. A serie conta coa contribución de Álvaro López en deseño gráfico e maquetación e Pablo Pérez nos guións.

 

 

Cultura Galega.org

Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000