Obra conceptual dun só número
realizada en 1999 polo debuxante coruñés Jano
e que narra, empregando practicamente cada páxina coma
un cadriño, unha surrealista historia sobre un home
e un calamar. Na primeira páxina Jano califica a obra
coma "un panfleto dedicado a promover a autodefensa fronte
ós perigos que asexan no océano".