|
|
|
 |
|
Cándido
Pazó
(San
Paio de Navia-Vigo, 1960). Comeza a súa actividade como actor,
en 1.975. Membro fundador da compañía A Farándula,
logo de actuar en diversas compañías e no CDG, debuta
como autor e director de escena coa súa compañía,
Tranvía Teatro en 1.989. Escribe, dirixe e fai adaptacións.
É guionista para televisión e dedícase tamén
á narración oral, sendo numerosas e coñecidas
as súas actuacións como conteiro, tanto en directo como
en radio e televisión.
|
 |
|
Santiago
Prego
(Vigo, 1962). Licenciado en Filosofía deu clases de teatro
en varios colexios. É actor da compañía Ollomoltranvía.
Ten unha ampla experiencia en interpretación en teatro, cine
e televisión. Estivo entre os elexidos para optar ó
galardón ó mellor actor dos Premios AGAPI pola súa
magnífica interpretación na curtametraxe "O río
ten mans" ( Beatriz del Monte, 2000 ). |
 |
|
Avelino
González
(Vigo,
1962) Comeza o seu traballo actoral no teatro coa compañia
A Farándula de Vigo entre 1980 e 1984, despois actúa
en diversas produccións teatrais e imparte cursos. Premio Compostela
1993 ó mellor actor secundario (compartido) polo seu traballo
en Un soño de Verán. Traballa en teatro, cine e televisión
e tamén fai sesións de contacontos con gran éxito. |
|