|
|
![]() |
![]() |
||||||||||||
Escoitas:
|
En 1970 Don Álvaro foi convidado ó Centro Galego de Lisboa pola sociedade Xuventude de Galicia. Alvaro Cunqueiro ofreceu unha conferencia na que fixo un repaso completo da historia de Galicia e das orixes soa Cultura, desde a prehistoria ata o século XVIII. Na soa conferencia, Cunqueiro deu mostras da súa grande erudición, falando sobre os mitos celtas, a política dos Irmandiños, a creación da fábrica de Sargadelos ou as diferentes influencias que sufriu o idioma. Entre as citas que fai, atopamos as sagas irlandesas, o Ciprianillo, documentos medievais... Onda a erudición, o humor inconfundible do mindoniense. As anécdotas máis asombrosas, coma a do conde de Altamira que pesaba 360 libras galegas e a recreación nos pequenos detalles da Historia salpimentan unha narración informal, na que moitos aspectos pouco coñecidos son postos á luz. Aquí podes escoitar fragmentos desta conferencia, conservada en audio no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega e ler o texto completo. Vinte anos despois, seguimos podendo oír a Cunqueiro. Se queres ter unha transcripción do discurso aquí a podes baixar, recorda que necesitas o Adobe Acrobat Reader. Se non o tes, podes descargalo. |
|
||||||||||||
|
Cultura
Galega.org
|
||