|

 |
3,3
Mb |
|
 |
3,3
Mb |
|
Estes arquivos estan en PDF,
para velas e imprimilas precisas o Adobe Acrobat Reader.
Se non o tes, podes descargalo no icono:
|
 |
|
1991 foi o ano de Álvaro Cunqueiro. A Real Academia Galega decidiu
adicar a esta data ó escritor de Mondoñedo. Con motivo desa
celebración, o Consello da Cultura Galega decidiu realizar unha
preciosista edición facsímile de inéditos e autógrafos
de Álvaro Cunqueiro de 500 exemplares numerados.
A
orixe destes autógrafos está en 1935, cando o Seminario
de Estudos Galegos encargou a Filgueira Valverde a preparación
dunha antoloxía da poesía galega con motivo do Centenario
do nacemento de Rosalía de Castro. Filgueira dirixiu as súas
peticións a medio cento de poetas novos e vellos.
Cunqueiro
respostou en marzo de 1936 cun feixe de poemas -oito autógrafos
e un a máquina. Dous corresponden a unha estadía, como conferenciante,
en Barcelona. Hai poemas en castelán, catalán e tamén
galego. Algúns deles ían figurar como partes de obras futuras
e outros foron publicados en revistas de poesía.
Aquí
podes descargar esta histórica publicación. Para serche
máis doada a descarga, respectamos a estructura orixinal do libro.
Deste xeito, poderás descargar o caderno de autógrafos e,
asímesmo, un caderno explicativo redactado por Filgueira Valverde
no que tamén figuran as transcripcións do texto.
|
|