"NO
MERCADO DE AUTOMÓBILES DE NOUAKCHOTT"
Nouakchott
Mauritania
25 xullo 2001
Dia da Patria Galega
Metinme nunha aventura cuns amigos cruzando a Mauritania pola praia.
Parounos sen visado a policía da gendarmerie e nos tiveron parados
un tempo, pero todo se compra. Se queredes aventura e emoción
nada mellor que conducir pola praia ata practicamente Marrocos. Moitos
europeos viaxan por aquí para logo vender os coches nos mercados
de contrabando de automóbiles de Nouakchott. Se o teu coche é
un coche de marca ven a Nouakchott, posiblemente o recuperarás
pagando a metade do que che valeu.
Nouakchott non ten nada ademais do calor abafante e os homes enzarramados
nas súas túnicas de cores. As mulleres teñen que
ir tapadas e o machismo respírase por tódolos lados. Tamén
a merda como en Dakar. Digamos que se vive nun estado policial total,
onde os controis son continuos, só para sacarte uns billetes
e seguir en paz ou, si non tes os papeis en regra a cousa xa subirá
de ton -de ton do billete claro-. Para saír de Mauritania súase
bastante sobre todo cando che para un poli e che di que o acompañes
a unha esquina. Ai pódeche pedir a lúa ou a túa
liberdade. Amáñase cuns billetes, e adiante.
Saúdos,
Delmi
VENCELLOS RELACIONADOS
+ Site oficial do
Goberno Mauritano
+
Todo sobre o país en castelán
O
PAÍS
Mauritania
é unha república que gañou a súa independencia
de Francia en 1960, é fronteiriza con Alxeria, Mali, Sahara Occidental,
e Senegal. polo oeste está bañada polo Oceano Atlántico.
O terreo mauritano consiste básicamente e vastas planicies de
area e pedras aínda que existen formacións montañosas
como picos aislados.
| POBOACIÓN: |
2.600.000 habitantes |
| CAPITAL:
|
Nouakchott |
| IDIOMA:
|
O
idioma oficial é o Árabe,falanse tamén dialectos
como o, hassaniya, o pular, o soninké, e o wolof. O francés
e o inglés están comezando a falarse. |
| RELIXIÓN:
|
O
Islam é a maioritaria e oficial. |