"A
RÚA PONTY É UNHA LOUCURA"
Ás portas do bar La Palmerie arremuíñase a merda,
paralíticos que se arrastran como mangostas pola beirarrúa,
pedichóns de todo tipo, vendedores que venden de todo e o bar
Ponty, onde unha orquestra ameniza a pleno día o ir e vir das
prostitutas que esperan ós clientes. Nesta rúa os taxis
tocan o claxon constantemente e mil ollos están a perseguirte
para controlar cada un dos teus movementos e estúdiante para
saber que tipo de quincalla ou carallada poden venderte. Isto é
África e todo chócame. Os poucos turistas que chegan ata
aquí marchan espantados. Unhas rapazas que veñen en excursión
organizada están atemorizadas polas continuas moscas que se lles
poñen o lado, e os nenos engánchansete como si foras un
carrusel para que lles des alomenos unha miserenta moeda.
É África e non son moitos os que se achegan por aquí.
Despois duns días acostúmaste e xa saben que si veñen
a pedirte non lles vas a dar nada. Entón intentarán roubarte
ata o punto de mangarche o mancontro mentres falas por el. O bar Palmarie
seica é dunha europea e ten bo ambiente. Asemella todo isto un
anaco dalgunha película clásica onde diplomáticos,
executivos, turistas e vagabundos aventureiros atópanse para
dar conta dunha cervexa ou planificar a noite coas putas do Ponty. É
así e non hai outra volta, porque todo choca contra as nosas
costumes. Se lle das unha esmola a calquera dos que se arrastran como
caranguexos despois non o quitarás de enriba, a non ser que che
interese e precises información. Entón se paga. Porque
todo ten un prezo neste pais, maioritariamente os negocios se fan cos
grandes, coa policía, cos aduaneiros , eles o ven como normal,
porque é un sistema de vida e si non tragas por aí vas
mal.
Falta
política educativa no Senegal.
Toda-las rúas están cheas de merda e ninguén fai
nada para paralo. Os senegaleses dentro do que cabe son boa xente, hospitalarios,
limpos e educados, pero ante todo encántalles o comercio.
Hai moita pobreza polos barrios e as xentes viven como poden e onde
poden. O caos circulatorio xa e de coña. Os cacharros -non se
lles pode chamar automóbiles-, van sen luces, atados con cordas,
sen intermitentes e conducindo son un perigo. Pero habitúaste
nuns días, porque dentro de todo ese caos existe unha pequena
organización que fai que todo vaia funcionando.
Voltarei a Senegal, porque me caen simpáticos. Gustaría
de escribir un libro de isto.
No mercado
de contrabando de automóbiles de Nouakchott
Días mais tarde achegueime ata St.Louis unha pequena cidade ó
norte de Senegal que a boto moito en falta, onde atópanse no
barrio de Gendar a maior acumulación de xente por metro cadrado.
Os pescadores Lebou, lendarios e famosos en toda a costa africana teñen
aquí a súa morada. Metínme nunha aventura cuns
amigos cruzando a Mauritania pola praia. Parounos sen visado a policía
da gendarmerie e nos tiveron parados un tempo, pero todo se compra.
Se queredes aventura e emoción nada mellor que conducir pola
praia ata practicamente Marrocos. Moitos europeos viaxan por aquí
para logo vender os coches nos mercados de contrabando de automóbiles
de Nouakchott. Se o teu coche é un coche de marca ven a Nouakchott,
posiblemente o recuperarás pagando a metade do que che valeu.
Nouakchott non ten nada ademais do calor abafante e os homes enzarramados
nas súas túnicas de cores. As mulleres teñen que
ir tapadas e o machismo respírase por todo-los lados. Tamén
a merda como en Dakar. Digamos que se vive nun estado policial total,
onde os controis son continuos, só para sacarte uns billetes
e seguir en paz ou, si non tes os papeis en regra a cousa xa subirá
de ton -de ton do billete claro-. Para saír de Mauritania súase
bastante sobre todo cando che para un poli e che di que o acompañes
a unha esquina. Ai pódeche pedir a lúa ou a túa
liberdade. Amáñase cuns billetes, e adiante.
En Dakar arranxáronme o billete ata Namibia, todo bastante barato.
O barato é que voas pola noite e o avión vai parando.
Por exemplo o meu voo saíu de Dakar as 02:30 da madrugada e chegamos
a Douala en Camerún ás 12:30 do día seguinte. O
aparato baixa en Bamako, Abidjan e Lagos recollendo pasaxeiros. Outra
movida guapa e cando chegas a Douala. Sen visado te poden ter retido
mais de dúas horas e cun pouco de suborno aceleran a cousa. Todo
para poñer un selo de entrada e asinar. O visado, como estou
en transito para Guinea Ecuatorial, váleme por 24 horas. O avión
sae para a illa de Mala ás 12 pero claro, como Camerún
Airlines é tan barato, -non hai outra liña que faga este
tipo de recorridos-, lévanos ata Abidjan -unha porrada de quilómetros
atrás- e despois para Mala.
Vou durmir
Saúdos,
Delmi