"EN
GUINEA UN ESTRANXEIRO É OBXECTIVO PARA AS EXTORSIÓNS"
GALEGOS NA DIÁSPORA
Guinea
Ecuatorial
Entrevista
co Cónsul de España en Malabo
Malabo,
1 de agosto
O día anterior fora visitar ó recén chegado cónsul
de España en Bata, para deixar constancia do trato ós
periodistas estranxeiros. A situación que vivín alí
durante case unha semana foi insoportable e fixen do Hotel Panáfrica
un búnker contra a extorsión e a corrupción que
vive o país. Non sei se Teodoro Obiang sabe o que pasa nas rúas
da súa república, pero é obvio que dicir que es
periodista é sinónimo de diana perfecta ou centro de todos
los males : un espía.
O recén chegado cónsul en Bata telefonara ó seu
homónimo en Malabo para comunicarlle que un periodista español
viaxaba o día 1 de agosto a Malabo para saír do país
e que dalgunha forma viña pedindo protección consular
para pasa-las últimas horas que lle quedaban cunha certa paz.
En Guinea Ecuatorial si es branco tes a obriga de estar soltando diñeiro
por todo e ter a suficiente paciencia para aguantar a policías
bébedos á entrada e saída do país, e estar
en constante alerta ante cualquier situación xa que un extranxeiro
é considerado un espía e inimigo do país en potencia.
E os españois e periodistas máis.
A Hugo Regojo Zapata estas historias xa lle sonan de vellas. Non é
a primeira nin a última vez que ten axudado a periodistas ou
cidadáns españois a sair de Guinea, acompañándoos
inclusive ata a escada do avión. Vigués (1969) e de apelido
coñecido de Redondela, Hugo estudiou Dereito e Psicoloxía
ademais dun master en estudios europeos polo colexio de Europa en Bélxica.
Voluntario en India e Guatemala e cooperante en Bosnia, Burundi e Angola,
cousas que no de axudar ó demais xa lle veñen de familia.
Casa do cónsul
(A entrevista faise na súa casa, que está fronte á
embaixada, unha vivenda alugada dunha planta moi típica da illa
e cun gran xardín con palmeiras e abundosas plantas tropicais.
Non hai cans, e os seus dous fillos xogan coa yaya. Vai calor e estou
preocupado pola saída de Guinea. Na miña bolsa de fotografía
teño trinta e pico películas en branco e negro expostas
do que fixen desde o día 12 de xullo. Non sei o que se lle pode
ocorrer ós policías de aduanas)
"Na
India naquel verán do 90 traballamos como voluntarios coa Nai
Teresa de Calcuta, e fomos pola curiosidade, porque eramos estudiantes".
Descubriron moitas cousas, "que non todo o mundo vive como ti.
É un servicio ós demais e vives moi de preto coas persoas.
Traballabamos nunha casa de enfermos terminais, limpiandoos, acompañandoos,
dándolles de comer, e facíamolo en clave moi cristiá."
Hugo bendice a mesa acompañado por Paula, a súa muller,
e asegura que "cheguei a dubidar de se seguir estudiando e terminei
dereito. Fun a Guatemala como voluntario nun orfanato durante 6 meses.
Máis tarde marchei a París a estudiar na Sorbona e souben
que pedían voluntarios para Bosnia para traballar cunha ONG francesa
e traballar coa ONU en Tuzla. Marchei nun Toyota con outro amigo conducindo
ata Bosnia. Déronnos uns mapas e diñeiro para a viaxe
e dixéronnos que non pagaramos nas peaxes porque iamos en misión
humanitaria. Chegamos ata Croacia cun amigo periodista francés,
cumprín os 24 anos polo camino cara Split, mentres en Bosnia
evacuaban á xente. Fun cun loxista de MSF e cunha bandeira da
ONG ata o corredor de Brevcko en Kosabrina. Distribuiamos comidas, sobre
todo leite en polvo cunha pick-up. Os bombardeos e tiroteos eran habituais
pero nunca me aconteceu nada afortunadamente. Foi a primeira vez que
vin toda a violencia activa e pasiva. Coñecín mestres
que daban clase 3 dias á semana e outros tres os pasaban na trincheira.
Eran as milicias. Tamén atopei xente con calidade humana e vin
evacuacións de nenos e cidades totalmente sitiadas".
O camiño
ata Guinea
No ano 1995, despois de facer un Master en Estudios Europeos, Hugo marchou
para Burundi cun proxecto de rehabilitación dos antigos poblados
Tutsis. Ó goberno non lle gustou demasiado o proxecto e tiveron
que abandonalo. "Un día tiráronnos unha granada e
aquilo deunos unha situación da realidade. En xaneiro de 1996
coñecín a Paula en España, unha noite coidando
enfermos de SIDA nunha casa de acollida para enfermos terminais. Marchei
unha semana despois a Angola e estivemos escribíndonos ata o
punto de facermonos noivos por correo."
Foron seis meses nunha misión para a transformación e
susbtitución de comidas por semilla e realización de cultivos.
Era romper coa cadena de dependencia e substituila por alimentos que
eles mesmos puideran colleitar. "Voltei a España e presenteime
ás oposicións a diplomáticos, pasei un ano estudiando.
Aprobei e casamos. Estiven un ano no Ministerio de Exteriores. Déronme
a opción de vir para Guinea. Aquí Paula, que é
arquitecta axúdame con proxectos para misioneiros e monxas."
Como membro do corpo diplomático Hugo chegou a celebrar bodas
e, nunha ocasión tivo que protexer e case sacar do país
a un cidadán español ata o punto de acompañalo
á escaleira do avión.
Aeroporto
de Malabo
23 horas
1 de agosto de 2001
Desque
cheguei a Guinea apenas puiden escribir sobre a situación que
vive este país. Nun principio o meu obxectivo non era ese, pero
así como foron pasando os días aprendín que vivir
en Guinea non é moco de pavo, e que a integridade nun pais en
estado policial e en alerta constante para un periodista ou branco extranxeiro
é a diana das miles de mirillas que desde a oscuridade da xungla
ou desde as ventás das casas apúntante, estudiante ou
observante, tentando adiviñar como, cando e onde poden foderte
os cartos e, de paso, a tua vida.
A chegada
a Malabo non foi triunfal nin romántica que digamos. O avión
aterrizou no medio dunha forte chuvia tropical e alí, a pe de
escaleira un grupo nutrido de xente (non sei que facían) quedaban
observandote sen chegar a decir nada. Saludaba a todos , pero non me
correspondían. Raro. O aeroporto internacional (¿ ?) non
é máis que un miserento edificio case derruído
onde pasas o control de aduanas.
-Profesión ?
-periodista.
-¿Cal é o motivo da súa visita sr. ?
-Entrevistar a uns galegos que viven en Guinea. Aquí ten a lista.
Pode comprobalo se o desexa.
Pasei a aduana e preguntei onde podía sacar o billete para ir
a Bata, no continente (Malabo é a capital e está na illa
de Bioko), alguén susurrou un "por alí" sen
decir claramente por onde.
Pedínlle ó xefe de policía que me deixara telefonar
a unha persoa, xa que non tiña moeda de Guinea e era necesario
avisar da hora á que chegaba. A súa resposta foi clara
e rotunda.
-¿Pero vostede quen carajo cre que es!!?, póñase
fora español. Saquenme a este carajo de aquí coño¡¡¡
Quedei
sorprendido e saín daquel cuarto tétrico onde un soldado
aporreaba unha máquina de escribir. Tiña que recolle-la
miña mochila e volvín sair á pista (é doado
facelo) Agarrei a miña mochila e dispúxenme a sair do
aeroporto para compra-lo billete da avioneta para Bata. Un fulano totalmente
borracho paroume e púxolle unha una tranca á porta.
-Amóseme o seu pasaporte
-¿É vostede policía? - Pregunteille.
-Si son policía.- Dixo patinándolle a lingua na súa
embriaguez apestosa.
-Non me fio, vostede non é policía e si o é non
debería falarme así e menos estar nestas condicións.
-¡Deme o pasaporte, carajo!- E de seguido arrincoumo da man.
Nese momento un grupo de xente increpoume, dicíndo: pagale, pagale...
Pero pagarlle o qué ?. Non entendín ben aquilo e na reacción
lóxica arrinqueille o pasaporte da man e fun ver ó comisario.
O grito foi :
-Outra vez este carajo aquí. Botenno de aquí, que o jodan...
Vouno deter cabrón español...
Dinme de conta que aquela non era xente de boa fe. Dentre todo o lío
saíu un policia de aduanas que se ofreceu a protexerme.
-Dame o diñeiro do billete (30.000 CFA)e 60 dolares para min
e te saco de aquí.
No me quedou outra e paguei 120 dolares para non ter problemas. Uns
minutos máis tarde veu cara min un xoven pedíndome o resguardo
da mochila. Unha vez comprobado e vendo que todo coincidía díxome:
"dame algo ou denunciote". ¿Denunciarme porque ? "Denúnciote,
porque sei que es periodista español e os periodistas españois
veñen aquí a contar mentiras de nós e do noso goberno.
Págame e marcho". Tiven que darlle 2000 CFA para que me
deixara tranquilo.
Alfredo, o policia de aduanas, acompañoume ata o avion e inclusive
chamou a Serafín para que fose recollerme ó aeroporto.
Unha vez en Bata Serafín pagou algúns CFA a uns militares
para que non me molestaran. Estaba a meterme nun pozo negro sen fondo.
Durante os seguintes días a pesar de ter un permiso das autoridades
de turismo para poder facer fotografias, non puiden sacar a cámara
pola rúa. Todos aconsellaronme que non o fixera. Entón
pregunteime para que fora a Guinea.
Os días fixéronseme interminables en Bata.
Non puiden ir a ningures porque cada vez que saía era o branco
de calquera. Se saía con españois que xa vivían
alí estes tamén tiñan que pagar mordidas, pero
o tomaban con máis normalidade. Á saída de Malabo
para Camerún acompañábame Chiqui e gracias a el
puiden sobrevivir por unhas horas. A policia de aduana pedíume
os papeis das cámaras. Menos mal que os tiña. Vironme
as películas expostas e querían saber que tiña
fotografado. Amoseilles o papel asinado por Turismo para poder fotografar,
pero sorpresa : estabamos en Malabo e aquí facía falta
outra orde asinada e se non tiña esa orde debería deixar
as peliculas alí ou soltar pasta. Soltei 5000 CFA. Chiqui deume
protección pero aínda asi cando quixemos pasa-la aduana,
a suposta médico totalmente borracha embarazada pedíanos
2000 CFA por cada carnet de vacunación internacional.
-Se estan todos en regla...!- Dixo Chiqui
-É igual, ten que pagarme 2000 por cada un ou se non non poden
saír do país.
Un home que decía traballar para o goberno tentaba colar a tres
norteamericáns que non levaban visado para Camerún, onde
esíxeno. O xefe de escala de Cameroon Airlines que nese intre
despachaba billetes, dille que non pode atenderlle, que faga cola.
-Oe cabrón, eu non teño que agardar, eu traballo para
o goberno.
-Ten que agardar cabaleiro.
-Que non agardo e fas tres billetes para estes tres americáns.
-Non poden viaxar sen visado.
Furioso, o que dicía traballar para o goberno deulle un puñazo
no peito ó empregado da Cameroon. O outro respondeu : mátame,
mátame...
Veu o comisario (bebido por suposto) e púxose orde. Ninguén
lle dixo nada ó agresor. Todo rematou alí.
Despois dunha boa bronca devolveunos os carnés que escondera
baixo unha ventanilla.
Chamaron para embarcar e tres policías totalmente borrachísimos
querían de novo revisar as miñas cámaras (estaba
a bolsa marcada cunha tiza, signo de que xa fora revisada) e unha muller
que apestaba a alcohol pediume todo o diñeiro que llevaba enriba
incluídos os dolares e os cheques de viaxe, entón xa pensei
que aquilo era un atraco.
-Dalles algo, - Díxome Chiqui - se non non te deixaran sair.
Unha muller facíame acenos de que fose onda ela e lle dera diñeiro,
mentres tentaba levarme cara unha parte oscura do cuarto.
-Non, no vaias para aí que han quitarche todo. Joder, dalle algo.
E foi cando el mesmo colleu do puñado de diñeiro unhas
3000 CFA e llas deu.
Ó pasar por baixo do arco de control (non funcionaba) un home
tamén bébedo, coma un buey, uniformado cunha camisa e
un pantalón do exército do aire español (¿?)
tamén pedíu pasta. Foi entón cando Chiqui lle soltou
da súa. Eu xa case non tiña nada.
E así
foron os días en Bata, pagando aquí, escapando de outros,
soltando diñeiro no hotel, ó porteiro, ás limpiadoras...
E din que Obiang quere cambiar o país.
Xa non
teño ganas nin de escreber máis. Espero que non vaian
despistados a Guinea.
Delmi
Álvarez.
VENCELLOS RELACIONADOS
+
Informe de Amnistia Internacional
+
¿Quen goberna en Guinea?
+
Dereitos humanos en Guinea
+
Web sobre Guinea
O
PAÍS
| POBOACIÓN: |
442,000 habitantes |
| CAPITAL:
|
Malabo |
| IDIOMA:
|
O
castelán, tamén se falan varias linguas afrinas sendo
as principais a "fang" e a "bubi". |
| RELIXIÓN:
|
Non
hai relixión oficial, pero a maioria son católicos
cunha minoria animista. |