|
PLAN
DE VIAXE
|
|
Á hora de abordar a planificación da miña viaxe á Africa para seguir co proxecto Galegos na Diáspora, vin que había unha importante presencia de galegos vinculados ó oficio do mar, mariñeiros, empresarios, pescadores, que estaban alí desplazados, por esa razón titulei esta parte do proxecto Galegos de Terra Fora, galegos de Mar Dentro, coma homenaxe a esta xente que está alí traballando na costa de Mozambique, Namibia, etc. Pero cando empezas a indagar aparecen outro tipo de persoas que tamén están ali e non están vinculados ó mar, e tamén é necesario telos en conta.Africa é a viaxe máis complicada das que fixen. Nos outros continentes hai unha cultura de viaxes, están modernizados máis ou menos e iso te soluciona moitas cousas. En sitios como Hong Kong por exemplo utilicei a guía de teléfonos para atopar algún apelido que me resultase coñecido, chamei e conseguín atopar un galego a través do cal cheguei a outros. Dubido moito de poder facer iso neste caso.En África, de Namibia para arriba é todo moi complicado, falta de infraestructuras, países en conflicto, non hai rutas establecidas. En avión pouco se mira, por eso para os desplazamentos prefiro os sistemas de transporte de contacto coa xente, autobuses, trenes, eso axúdate a coñecer máis sobre os sitios onde estás, a cultura. Ademáis, non podo mercar billetes de avión xa que non é posible anticipar as datas dos desprazamentos cun traballo como este, ou poida que cambie de idea no meu plan de viaxe, teño que estar mentalizado de que hai unha parte de aventura no que fago, unha parte imposible de planear.
Pola
franxa costeira A base de chamadas de teléfono, faxes, cartas e correos eléctrónicos, conseguín concertar citas con dúas ou tres persoas en cada un dos puntos nos que vou parar. Normálmente, cando chegas a un sitio van aparecendo personaxes que te falan de outros, e ás veces tes que te desviar do teu camiño para ir ver a alguén dentro da xungla, nunha aldea remota, e comezas a busqueda sen ter todas contigo de que chegarás a atopalo.
A cadea
de información
Delmi
Álvarez. |
|||||||
![]() |