| INICIO | DIÁSPORAS | CRÓNICAS | PLAN DE VIAXE | O FOTÓGRAFO | CONTACTA |
A MOCHILA

 

 
¿Que leva un fotoxornalista viaxeiro na mochila? Coñece o equipo de campaña de Delmi Álvarez.


 






Non máis de 50-75 litros. Con boas asas que protexan os ombreiros. O saco de dormir vai debaixo de todo. Roupa interior, calcetíns, camisas de algodón de manga longa, camisetas, unha toalla, xabrón (pode ser lagarto), champú, cepillo e pasta de dentes, cortaunllas, navalla
multiusos, linterna, brúxula, gorro ou gorra, repelente de insectos, mosquiteira e gafas de sol. Olvidádevos de levar cousas inncesarias, que nos van crear problemas.

É moi importante non poñerse nerviosos, cando na fronteira nos pregunten polas pílulas que van no botiquín. En Nova Celanda, por exemplo, non sabían o que eran as aspirinas. Olvidádevos de levar cousas innecesarias, que nos van crear problemas.

Botiquín
Un botiquín coas cousas imprescindibles pode ser a nosa salvación ou a doutros nun momento dado da nosa viaxe. Sulfamidas, Betadine en gel ou líquido, gasas, pomada para as queimaduras, aspirinas, actrones, unha inxección de urbason e outra de adrenalina para unha posible picada dun insecto (que co seu veleno nos pode producir un edema de glote e quedarmos sen aire), hipodérmicas, preservativos, e algunhas cousiñas máis que cualquera médico ou ATS amigo nos pode aconsellar.

Equipo fotográfico
Neste caso levarei as Nikon FM2 para tirar en branco e negro e unha cámara dixital ofrecida por SONY para enviar as fotos dixitalizadas para publicar en La Voz de Galicia. As fotos envíanse por internet.

Pelicula
Para branco e negro TRI-X de kodak
Para diapositiva: Fujichrome sensia II

O material fotográfico foi pedido ó laboratorio PRO 40 de Barcelona e
enviado por SEUR.


© Delmi Álvarez para as fotos e os textos das crónicas
de Galegos na Diáspora - África 2001
© Culturagalega.org